Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día das Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a un creador moi vinculado coa Coruña, Lois Pereiro, o Centro Ágora presenta dous proxectos en proceso que asumen este día como unha pausa aberta ao público para compartir coa cidadanía o proceso de traballo.

Cando:

17/05/2011

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Alcalde Liaño Flores. A Coruña

Organiza:

Centro Ágora

Por unha banda Carlos Neira e Antía Otero están a desenvolver con actores (Roi Fernández, Laura Fandiño, Olaia Tesouro e Estevo González) un exercicio escénico e performático titulado Corporal (je t'aime) partindo de textos e da figura do autor monfortino.

Ver vídeo resumo da obra Corporal (je t'aime) no teatro do Centro Ágora.

Por outra banda, Iago Martínez e Alexandre Cancelo realizaron un documental sobre Lois Pereiro titulado Contra a morte. O dito documental está en proceso de finalización pero será presentado polos autores proxectando unha serie de fragmentos e de partes do documental.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión