Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Nada que perder de Rosa Cedrón

Despois dun longo silencio tras a publicación de "Entre dous mares", Rosa retorna con "Nada que perder". Nel experimenta cos lindes da World music sen clixés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmosfera personalísima que só Rosa pode chegar a crear.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

17/09/2016

Ya ha finalizado

Horario:

21.00 h

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

  • Prezo: 9'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, 7'00 €) (Venda anticipada, até o día 16 de setembro ás 23.59 h, 6'00 €)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.


(Os/as menores de 16 anos deberán ir acompañados/as do pai, a nai ou o/a titor/a legal)

Rosa compuxo cada unha das melodías que forman parte de 'Nada que perder', configurando un repertorio coas súas propias creacións, melodías coidadas e feitas á medida para a súa gran voz.

Miguel Arthus e Josh Prada son os autores dalgunhas das letras do álbum, imprimindo poesía en cada unha das súas participacións e ornamentando o universo vocal de Rosa Cedrón.

As emocións humanas básicas (o amor no seu máis amplo espectro, o medo, a tristura, a paixón) son a temática recorrente de 'Nada que perder', un disco que naceu das sombras para sumirse nun profundo proceso de investigación e experimentación e acabar converténdose nunha catarse persoal cuxo resultado desembocou nun espectro musical indefinible.

Desde a atmosfera onírica do subconsciente de 'Lía soños' ata a aprendizaxe das experiencias negativas de 'Benditas feridas' pasando pola sensualidade máis pura de 'Seréname' ou 'Un desert dans tes mains'.

VENDA DE ENTRADAS

- DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

- DESPACHO DE BILLETES DO CENTRO ÁGORA: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

- TELEVENDA: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h)

www.ticketea.com

 

Compartir en Tuenti

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión