Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

POETAS DI(N) VERSOS PRIMAVERA 2016

MÚSICA E POESÍA ABREN A OCTAVA E NOVA TEMPADA DO CICLO POETAS DI(N)VERSOS

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Los días 25/01/2016, 29/02/2016, 14/03/2016

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 h

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

Entrada libre, ata completar capacidade.

Documentos:

POETAS-DINVERSOS-CARTEL-2015-16.pdf (347 KB)

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos. A coidada programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña volve por oitavo ano con novas citas mensuais que reunirán poetas de Galicia e do mundo en encontros abertos e gratuítos. O único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España, regresa así ao centro Ágora 

As lecturas poéticas, sempre en idioma orixinal e con traducións ao galego, volverán ter lugar no Auditorio do centro, en luns de cada mes e en horario das 20:30h do serán, contando arredor dunha hora de duración. As librarías da cidade seguirán ofrecendo a posibilidade de adquirir os volumes dos e das convidadas, así como de conseguir as súas sinaturas.

A oitava edición de POETAS DI(N)VERSOS dá o do de peito anunciando unha programación do máximo nivel para o primeiro trimestre do 2016, e algúns dos poetas máis renomeados da actualidade mundial contemporánea pasarán polo ciclo dirixido pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. Tamén ao seu cargo quedará a conducción dos actos e as traducións ao galego dos textos estranxeiros.

 

* Luns 25 de xaneiro :  Juan Carlos Meste e Miguel Mato Fondo, dende a Coruña e o Bierzo, música e posesía da man dun poeta da Xeración dos 80 e do Premio Nacional de Poesía 2009

 

* Luns 29 de febrero: Sarah Holland-Batt e Ledicia Costas, a primeira poeta asustraliana en sete anos do noso ciclo, a carón de toda una flamante Premio Nacional chegada de Vigo

 

* Luns 14 de marzo: Ricardo Domeneck e Rosalía Fernandez Rial, a sesión mais moderna e interdisciplinar do ano mestura o acento de Bergantiños e o brasileiro con vídeo e son

Compartir en Tuenti

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión