Concello da Coruña

Concello da Coruña

Enreda coa lingua

Talleres artísticos e espectáculos musicais para público infantil en galego.

A quen vai dirixido?:

Público infantil.

Cando:

Dende o 03/10/2014 ata o 22/11/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuítos.

Requisitos:

Inscrición: dende o 25 de setembro (ata completar as prazas por taller), na Conserxería do Ágora, en persoa ou chamando ao 981 189 888.

OBRADOIROS CHAPANDO A... Impartidos por Fabaloba.

Talleres de fabricación de chapas a partir da lectura de poemas de diferentes poetas: Rosalía, Castelao, Xosé María Díaz Castro...

  • Talleres para nenas/os de 6 a 9 anos: venres 3 de outubro, ás 18.30 h. E venres 10 de outubro, ás 18.30 h.
  • Talleres para nenas/os a partir de 10 anos: sábado 4 de outubro, ás 12.00 h.

Número de prazas por taller: 25.

OBRADOIROS RENOVA A CAMISOLA. Impartidos por Fabaloba.

Taller de reciclaxe de camisetas usando lemas creados polas persoas participantes a partir de poemas, mediante técnicas de escritura creativa.

Destinatarias/os: nenas e nenos a partir de 8 anos.

Datas de realización:

  • sábado 11 de outubro, ás 12.00 h.
  • venres 24 de outubro, ás 18.30 h.

Número de prazas por taller: 20.

OBRADOIROS CANTA MÚSICA. Impartidos por Pablo Díaz e Olga Kirk.

Concerto-talleres de canto, música e xogos dirixidos a familias con nenas e nenos de 4 a 8 anos. Con cancións infantís e xogos bailables, rtimos básicos da nosa cultura musical e cancións de TIC TAC e TOC TOC.

Datas de realización:

  • sábado 25 de outubro, ás 12.00 h.
  • vernes 21 de novembro, ás 18.30 h.
  • sábado 22 de novembro, ás 12.00 h.

Número de prazas por taller: 40 nenos/as.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión