Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2015

Campamentos urbanos de Nadal nos centros cívicos municipais

Os campamentos levaranse a cabo durante o período do Nadal de 2015 e están dirixidos a nenos e nenas nados/as entre o 01/01/2003 e o 31/12/2011.

Os campamentos urbanos de Nadal realizaranse os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 2015 e os días 4 e 5 de xaneiro de 2016.

Os campamentos urbanos realizaranse en todos os centros cívicos que se enumeran a continuación, en horario xeral de 10:00 h. a 13:30 h. Ademais, nos centros sinalados cun asterisco existe a posibilidade de solicitar horario complementario de 9.00 h. a 10.00 h. e de 13.30 h. a 14.00 h.

  • Centro cívico Artesáns.
  • Centro cívico Castrillón*.
  • Centro cívico Cidade Vella.
  • Centro cívico Eirís.
  • Centro cívico Elviña.
  • Centro cívico Feans.
  • Centro cívico Labañou.
  • Centro cívico Mesoiro*.
  • Centro cívico Monelos*.
  • Centro cívico Monte Alto*.
  • Centro cívico Novoboandanza.
  • Centro cívico Os Mallos*.
  • Centro cívico Palavea.
  • Centro cívico Pescadores.
  • Centro cívico Rosales*.
  • Centro cívico Sagrada Familia.
  • Centro cívico San Diego*.
  • Centro cívico Santa Lucía.
  • Centro cívico Santa Margarita.

Preinscrición:

  • Días: 28 e 30 de novembro, 1 de decembro.
  • Horario: de 11:00 h. a 13:30 h. e de 16:30 h. a 20:00 h.
  • Lugar: centro cívico municipal no que se desexe solicitar o campamento. No caso de detectarse preinscricións dun mesmo menor en centros cívicos diferentes, anularanse todas as solicitudes.

Sorteo público:

  • Día: 1 decembro ás 20:15 h. nos centros cívicos municipais.

Publicación da lista de admisións:

  • Día: 11 de decembro.
  • As listas de persoas admitidas poderanse consultar nos centros cívicos municipais, no Teléfono de información cidadá 010 e na web www.serviciossociales.coruna.es.

Cota de inscrición:

  • 12 € que se abonarán no momento da inscrición.

Inscrición:

  • Días: 12, 14 e 15 de decembro.
  • Horario: 11:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 20:00 h.
  • Lugar: centro cívico no que se obtivo a praza.

Inscrición de persoas en lista de espera:

  • Día: 17 de decembro.
  • Horario: 11:00 h. a 13:30 h. e de 16:30 h. a 20:00 h.
  • Lugar: centro cívico de Monelos.

Documentos:

Folleto campamentos 1 (2 MB)

Folleto campamentos 2 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión