Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2015

A primeira carreira do IV Circuíto Coruña Corre abre o prazo de inscrición

Búscase o guepardo de Os Rosales, sabes onde atopalo? A IV Carreira Popular do barrio celebrarase o domingo 29 de novembro e suporá o inicio dunha tempada onde convivirán os aspectos lúdico e competitivo

A Coruña, 19 de novembro de 2015.- Arrinca o prazo de inscrición da primeira carreira de Coruña Corre. Desde hoxe e até o 25 de novembro, poderás inscribirte na Carreira Popular Os Rosales. A proba, que celebrará nesta ocasión a súa cuarta edición, é a primeira das sete carreiras do IV Circuíto Municipal Coruña Corre, que esta tempada destacará por conxugar a parte máis lúdica da actividade deportiva coa competición. O obxectivo desta nova liña será promover hábitos saudables entre a cidadanía, fomentar a práctica do deporte con prezos máis populares e achegar o circuíto a novos barrios da cidade. A serie runner continuará o vindeiro 13 de decembro en Novo Mesoiro, o 10 de xaneiro de 2016 en Matogrande; o 26 de marzo na contorna da Torre de Hércules; o 26 de xuño en San Pedro de Visma, o 31 de xullo en Oza e o 4 de setembro no Ventorrillo. 

INSCRICIÓNS

Para poder participar tes dúas opcións: inscribirte no IV Circuíto Coruña Corre, e confirmar a túa presenza nesta primeira proba; ou ben anotarte só para percorrer esta proba. Poderás facelo desde hoxe até as 23.30 horas do mércores, 25 de novembro, a través da páxina web. Se, ademais, queres cronometrar os teus tempos e participar nas clasificacións do Circuíto, como vén sendo habitual nas últimas edicións, deberás portar o tradicional chip amarelo. Se non posúes un dispositivo, poderás alugalo para a competición (12€, ao devolver o chip ao final do Circuíto recibirás 6€ en concepto da fianza), por carreira (2€ máis 3€ de fianza), ou mercalo para telo en propiedade (20€). 

Inscrición no IV Circuíto de Carreiras Populares: absoluta e menores
O prezo da inscrición para o circuíto é de 10€ para as e os deportistas maiores de 18 anos; 7€ para persoas desempregadas, con carné xove ou maiores de 65 anos; e gratuíta para menores de idade.

Inscrición na IV Carreira Popular Os Rosales
O colectivo con dereito a bonificación tamén obterá descontos na cota de inscrición individual da carreira, aboando só 1€ por proba. O público xeral, maior de 18 anos, aboará 2€.


A PROBA

A hora de saída da carreira absoluta será ás 10.30 horas. O grupo percorrerá 6.465 m desde a súa saída e chegada á Praza Elíptica.  Unha vez finalizadas as carreiras, realizarase a entrega de premios ás 13.00 horas. Os horarios de saídas das diferentes categorías serán os seguintes:

CATEGORÍA HORA DISTANCIA
Absoluta 10.30 h 6.465 m aprox.
Xuvenil 11.45 h 2.490 m aprox.
Cadete 11.45 h 2.490 m aprox.
Infantil 12.00 h 1.235 m aprox
Alevín 12.15 h 620 m aprox.
Benxamín 12.30 h 620 m aprox.
Prebenxamín 12.45 h 155 m



A entrega de dorsais será o sábado, 28 de novembro, no Polideportivo de Os Rosales de 11:00 a 13:30 h. e de 17:00 a 20:30 h. O domingo tamén poderá recollerse até unha hora antes de cada unha das carreiras, na mesma instalación, onde tamén estarán o servizo de duchas e gardarroupa.

PERCORRIDO PARA A CARREIRA ABSOLUTA: Saída: rúa Manuel Azaña en dirección a Praza Elíptica,  rúa Alcalde Suarez Ferrín, rúa Manuel Azaña, Ronda de Outeiro en dirección ao Millenium, Av. Fernando Suarez, Rotonda Reto – O Portiño, Poboado O Portiño, Rotonda 4 Ventos,  Estrada Os Fortes, rúa Afonso R. Castelao, rúa Manuel Azaña (META).

PARA AS CATEGORÍAS MENORES, O PERCORRIDO: Transcurrirá entre a rúa Manuel Azaña e Praza Elíptica, por a rúa Alcalde Suarez Ferrín, na distancia que corresponda a cada categoría. As e os corredores poden consultar o detalle dos percorridos na páxina web, según a súa categoría.

Documentos:

Percorrido Carreira Absoluta (2 MB)

Percorrido Carreiras Menores (1 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión