Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2015

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos Cursos de Formación para o Emprego correspondentes á Programación 2/2015

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 28 de setembro e finaliza o 8 de outubro de 2015

A convocatoria recolle a Programación de Cursos para a Formación P2/2015.

Poderán solicitar cursos aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego ou en mellora de emprego e deben residir no termo municipal da Coruña.

O número de solicitudes de cursos por solicitante será de dous como máximo. Excluiránse todas aquelas solicitudes que por data e hora de presentación superen as dúas primeiras solicitudes previstas.

Convócanse os seguintes cursos:

  • Deseño gráfico e xestión de imaxes Photoshop. 150 horas.
  • Holomogación soldadura en posición 2F a 4F. 90 horas.
  • Homologación soldadura en posición 3G a 6G. 90 horas.
  • Debuxo gráfico. Sketchup. 75 horas.
  • Actividades auxiliares de almacén e comercio. 220 horas.
  • Actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería. 336 horas.
  • Curso de pintora decoradora. 336 horas.
  • Traballos de carpintería e moble. 336 horas.
  • Manipulación de alimentos. 10 horas.
  • Reparación de móbiles e tablets. 25 horas.

Nos documentos adxuntos pódese consultar a información completa da programación e o baremo que se aplicará na selección.

Máis información no Centro Municipal de Emprego dos Rosales (981 184 399) ou no Télefono de Información Municipal (010).

O número de solicitudes de cursos por persoa solicitante será de dúas como máximo. Excluiranse todas aquelas solicitudes que por data e hora de presentación superen as dúas primeiras solicitudes previstas.

Documentos relacionados

  • Baremo da convocatoria de Cursos de Formación para o Emprego Programación 2/2015 (12 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión