Concello da Coruña

Concello da Coruña

Espectáculo de danza de ANIRUDDHAN VASUDEVAN

Espectáculo de danza do bailarín e activista támil Aniruddhan Vasudevan cunha mostra do seu traballo no "Barathanatyam" en colaboración co Centro Coreográfico Galego para á ONG Implicadas no Desenvolvemento.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/06/2015, de 20:00 a 21:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

5,00€ e 4,00€ (desempregados, carné xove e + 65).

Venda de entradas:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
  • Despacho de billetes do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h - - www.ataquilla.com (pago con tarxeta)
  • Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo)

Televenda:

Ataquilla.com

No marco de REACTIV-ARTE -iniciativa que ten como eixo vertebrador fomentar o intercambio cultural como forma de atallar as raíces da pobreza- o bailarín támil Aniruddhan Vasudevan comezará cunha mostra do seu propio traballo no "Barathanatyam" e seguirá coa peza creada man a man cos bailaríns e bailarinas galegas durante o obradoiro que vai desenvolver no Centro Coreográfico Galego.

REACTIV-ARTE é unha iniciativa que ten como eixo vertebrador fomentar o intercambio cultural como forma de atallar as raíces da pobreza, entendida esta como resultado dun imaxinario colonial e patriarcal. A experiencia acumulada por IMPLICADAS nestes 16 anos de traballo axudounos a identificar ao colectivo de artistas como axentes multiplicadores de primeiro nivel para a difusión da misión, visión e valores de Implicadas na loita contra a pobreza e as desigualdades.

Dende a súa creación IMPLICADAS vén desenvolvendo as súas actividades de ED e sensibilización da man da cultura. Moitas das nosas accións están vinculadas a algún tipo de expresión artística, incluso aquelas que desenvolvemos nos países do Sur onde temos presenza, porque cremos que a cultura, a arte e o colectivo de artistas son xeradores de cambios.

A implicación do arte coa denuncia e xustiza social non é de agora, a arte como forma de expresión do/a propio/a autor/a tamén serve para achegar ao público a súa visión do mundo e das inxustizas que o rodean. IMPLICADAS quere ir algo máis alá e superar a visión das artistas como meros altofalantes de causas concretas e pasar a unha implicación maior deste colectivo. Primeiramente, achegándolles a súa misión e visión, e logo fomentando procesos de reflexión que, mediante o contacto con artistas do Sur fagan do compromiso cunha cooperación ao desenvolvemento crítica e feminista unha base máis perdurable do seu traballo.

Este proxecto busca superar a mera visión do colectivo de artistas como un grupo que pode ter un gran impacto mediático que permite aproximarnos á cidadanía con máis forza e pasar a fomentar o potencial da arte e da cultura como xeradoras de cambios, de animar reflexión persoal e de mobilización.Isto non quita que deamos importancia ao forte aspecto multiplicado deste colectivo, que tende a converterse en referente para a cidadanía. Para poder transmitir estes valores á sociedade, a organización busca primeiro traballar coas persoas públicas mesmas e implicalas en proxectos que combinen o creativo con aspectos de cooperación ao desenvolvemento dos que poidan ser protagonistas, partindo dos valores de IMPLICADAS.

No marco deste proxecto e entre os días 31 de maio e 18 de xuño contaremos en Galiza co bailarín e activista támil Aniruddhan Vasudevan , durante este tempo Aniruddhan ofrecera varias charlas, conferencias e obradoiros en relación á cooperación ao desenvolvemento, DDHH e dereitos LGTB.

IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO é unha organización galega, crítica e feminista de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998 que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas entende o traballo contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte en busca de espazos para que a cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poidan tomar decisións sobre as súas vidas.

Para Implicadas a pobreza é un problema político e polo tanto traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove a través de colaboracións co mundo da cultura, con outras organizacións feministas e grazas á súa base de voluntariado.

Nestes 16 anos de traballo IMPLICADAS logrou poñer en marcha actividades, que como o Implícate, xa son un referente no mundo da cultura e o compromiso por unha cooperación ao desenvolvemento dende outras bases así como a produción de diferentes materias (libros, exposicións, Cd música, documentais…) que nos axudan a comprender mellor o mundo no que vivimos da man das súas propias protagonistas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión