Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXVI Concurso de música tradicional Xacarandaina

Nova edición do concurso de pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista de toda Galicia, co obxectivo de poñer en valor a música tradicional e mostrar a gran variedade de ritmos, toques e modos de cantar e tocar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/05/2015, de 10:30 a 20:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/04/2015 ata o 09/05/2015

Horario:

Sesión de mañá: de 10.30 a 14.00 h.
Sesión de tarde: de 16.30 a 20.00/20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Sesión de mañá ou de tarde 5.00 € (Abono 2 sesións: 8.00 €)

Venda de entradas

  • Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
  • Despacho do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h - www.ataquilla.com (pago con tarxeta)
  • Despacho do Ágora: o mesmo día dende 1 h antes (pago en efectivo)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Asociación Cultural Xacarandaina
Na anterior edición participaron máis de 70 grupos de toda Galicia que deron mostra do traballo realizado e colaboraron coa asociación nos obxectivos de estender, difundir e dignificar a música galega.

Este concurso consta de tres modalidades diferentes: pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista. No apartado de pandeireteiros/as conta con tres categorías, mentres que nos de cuartetos de gaita e de gaiteiro solista existirá unha única categoría. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos compoñentes do grupo e que ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

No concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas, asociacións xuvenís, etc. e todos os gaiteiros solistas que o desexen procedentes de toda Galicia. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda o dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade e dificultade da peza, afinación e interpretación e expresividade na interpretación. http://www.xacarandaina.com/index.php?option=com_content&view=article&ide=12&Itemid=18&lang=gl

Máis información en http://www.xacarandaina.gal/

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión