Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2015

Coruña42 estrea o seu Mini Maratón Atlántica

As probas realizaranse de 11.00 a 13.30 horas no novo Paseo do Parrote e o colexio que máis escolares inscriba recibirá 500 euros en material deportivo. Ademais, todas as persoas participantes obterán a súa medalla de finisher.

Co obxectivo de impulsar o deporte e os hábitos de vida saudables entre a mocidade coruñesa, o Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Deportes e Xuventude que dirixe Francisco Mourelo, organiza o próximo 18 de abril o primeiro Mini Maratón Atlántica. As carreiras, cuxa inscrición é gratuíta, forman parte da programación de actividades do Maratón Atlántica Coruña42.

As probas disputaranse na mañá do sábado 18, entre as 11.00 e as 13.30 horas aproximadamente, no novo Paseo do Parrote. Estarán divididas en nove categorías segundo as idades das persoas participantes. Como vén sendo habitual nas carreiras organizadas polo Concello, poderán tomar a saída dende a mocidade menor de 18 anos ata pitufos. Mentres que o primeiro grupo correrá un total de 2.400 metros, os máis pequenos, nacidos dende o 2008 ata o 2015, percorrerán 125 metros e poderán estar acompañados por adultos en casos estritamente necesarios. Desta forma, e grazas a esta iniciativa, os menores tamén poderán participar no seu particular Coruña42.

  • Xuvenil: nadas/os no ano 1998/1999
  • Cadete: nadas/os no ano 2000/ 2001
  • Infantil: nadas/os no ano 2002/ 2003
  • Alevín: nadas/os no ano 2004/ 2005
  • Benxamín: nadas/os no ano 2006/ 2007
  • Pitufos: nadas/os no ano 2008 e posteriores

As inscricións do Mini Maratón Atlántica son gratuítas e efectuaranse, única e exclusivamente, a través da web www.championchipnorte.com. Cada categoría contará cun número de prazas determinado, 100, fóra dos pitufos, que verá ampliada a participación en función do ano de nacemento.

Continuando a liña establecida pola Concellería en relación á carreira Coruña10 e que sitúa o deporte como unha ferramenta para a educación e creación de hábitos saudables, convocarase un premio entre os centros escolares para fomentar a participación. O colexio que máis alumnos inscriba no I Mini Maratón Atlántica recibirá 500 euros en material deportivo.

Horario de realización e recollida de dorsais

O Mini Maratón Atlántica realizarase nun circuíto cerrado no Novo Parrote, e cada categoría tomará a saída no seguinte horario:

  • 11:00 Xuvenil e Cadete Feminina / 2.400 m aprox.
  • 11:20 Xuvenil e Cadete Masculina / 2.400 m aprox.
  • 11:40 Infantil Feminina / 1.600 m aprox.
  • 11:55 Infantil Masculina / 1.600 m aprox.
  • 12:10 Alevín Feminina / 800 m aprox.
  • 12:20 Alevín Masculina / 800 m aprox.
  • 12:30 Benjamín Feminina / 800 m aprox.
  • 12:40 Benjamín Masculina / 800 m aprox.
  • 12:50 Pitufos (tantas quendas como sexa necesario) / 125 m aprox.

A recollida de dorsais será obrigatoria e realizarase o venres, de 17 a 22 horas en Exporunning, evento que estará situado no Palacio de Exposicións e Congresos Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003 – A Coruña), e o sábado 18 no Paseo do Parrote ata unha antes do inicio de cada carreira.

O Mini Atlántica premiará a todos e todas as súas participantes coa súa medalla de finisher, da mesma maneira que se fará ao día seguinte, 19 de abril, a todas as persoas participantes que logren finalizar os 42.195 metros, e cruzar a meta de Mª Pita.

Coruña42 é moito máis que un maratón, e o Mini Atlántica xa forma parte do seu programa de actividades.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión