Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paseos pola Coruña literaria

Hai moitas formas diferentes de pasear a cidade. Percorrela intimamente entre as liñas dunha narración é unha delas. Traer o pasado das súas rúas e prazas ao presente para escoitar respirar a Cidade da Luz coa man guiadora e a palabra sabia das escritoras e escritores de hoxe: Xurxo Souto, Inma López Silva e Xavier Seoane.

Cando:

Os días 01/11/2014 ás 12:00 , 08/11/2014 ás 12:00 , 15/11/2014 ás 12:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/10/2014 ata o 13/11/2014

Horario:

De 12.00 a 13.30 h.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Inscrición previa (30 prazas, en cada paseo). Maiores de 16 anos.

XURXO SOUTO. Sábado 1 de novembro, de 12.00 a 13.30 h. TRAS DAS PEGADAS DO ANTIGO GREMIO DE MAREANTES

Durante moitos séculos, o Gremio de Mareantes foi a agrupación profesional máis importante da Coruña. Propoñemos un paseo dende a Pescadería ata a Cidade Vella, en busca das súas pegadas. Un percorrido ilustrado con citas de diferentes autores que escribiron sobre A Coruña e o Mar: Avilés de Taramancos, Luisa Villalta, Monterroso Devesa, Álvaro Cunqueiro, Manuel María ou Miguel González Garcés.

Partiremos do atrio da súa antiga igrexa, o Pórtico de San Andrés, para intentar descubrir elementos arquitectónicos que –de tan cotiáns- resultan invisibles: arquivoltas cheas de peixe, a última "casa do remo", o baixorelevo do mariñeiro tocado con barretina..., ata chegar á "croa da Cruña", a igrexa de Santa María del Campo, predio dun antigo cemiterio de xente do mar.

A comezos do século XVI, integraban o Gremio de Mareantes máis de 600 confrades, coas súas respectivas familias. A súa igrexa deulle nome á rúa máis importante da Pescadería: San Andrés. E o día do patrón, corenta mariñeiros mozos alí bailaban unha danza na súa honra. En 1589, o corsario Drake queimou a súa igrexa e hospital. Neste incendio perdéronse tamén documentos, privilexios e ordenanzas, e con eles a propia memoria da importancia do gremio. Afortunadamente, nos últimos anos do pasado século, o historiador Santiago Daviña foi capaz de recuperar parte deste gran arquivo.

Tras as pegadas do Antigo Gremio de Mareantes. Viaxe iniciática cara ás propias orixes da cidade, "ese libro que se le camiñando". (Agustín Fernández Paz). Medre o mar!

INMA LÓPEZ SILVA. Sábado 8 de novembro, de 12.00 a 13.30 h

A praia do Orzán, a rúa San Andrés e Panaderas son os vértices xeográficos da historia que se tece e destece en Memoria de cidades sen luz. Nestes puntos, debúxase a infancia do protagonista á beira da súa nai, Lucía, e o mundo de personaxes que, pasando polo piso de San Andrés no que viven, van formulando a nosa historia xusto antes de que as vidas todas se visen truncadas pola Guerra Civil.

O paseo, vixiado de preto polo mar do Orzán, discorrerá da man dese protagonista, pero tamén de Ánxel Casal, María Casares, Leandro Carré e tantos outros cuxa memoria, dunha forma ou outra, estará presente para ser honrados.

XAVIER SEOANE. Sábado 15 de novembro, de 12.00 a 13.30 h

Paseo pola Coruña literaria coa Rosalía que viviu na Coruña, coa familia. En plena Cidade Vella. Se intentamos traspasar o veo do tempo, coa imaxinación, podemos vela (ou soñala), transitar co seu espírito aberto e, alerta, pola rúa do Príncipe, a Praza da Fariña, o Parrote, o Xardín de San Carlos…

INSCRICIÓN: partir do 20 de outubro na conserxería do Ágora ou chamando ao 981 189 888 (en horario de 9.00 a 20.00 h).

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión