Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xuntoiros

Grupos de conversa en galego para mellorar a capacidade de comprender e falar nesta lingua para persoas que aínda a están aprendendo ou que non a dominan completamente.

A quen vai dirixido?:

Persoas que aínda están aprendendo galego ou que non o dominan completamente.

Cando:

Dende o 21/10/2014 ás 10:30 ata o 13/11/2014 ás 08:00 , os martes e xoves

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/10/2014 ata o 16/10/2014

Horario:

  • Fórum Metropolitano: os martes, de 10.30 a 12.00 h.
  • Ágora: os xoves, de 18.30 a 20.00 h.

Duración:

Trimestral

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Persoas maiores de 18 anos que teñan un nivel básico de comprensión oral en galego e que desexen melloralo.

Máximo 10 persoas por grupo.

É unha actividade de voluntariado lingüístico a través de grupos de conversación en galego.

Consisten en reunirse periodicamente un grupo de persoas para conversar en galego, cada un segundo o nivel que posúa pero axudados por un ou varios membros da reunión que teñen un nivel alto do idioma.

Os grupos de conversa caracterízanse por crear ambientes distendidos e provocar situacións de diálogo similares ás da vida cotiá na cidade. Buscan a vertente máis práctica da aprendizaxe dun idioma sen profundar nas cuestións gramaticais.

Formarase un grupo en cada un destes centros:

  • Fórum Metropolitano: os martes, de 10.30 a 12.00 h, do 21 de outubro ao 16 de decembro.
  • Ágora: os xoves, de 18.30 a 20.00 h, do 23 de outubro ao 18 de decembro.

Inscrición: do 6 ao 16 de outubro, na conserxería do Forum e do Ágora (respectivamente), en persoa ou por teléfono.

  • Conserxería do Fórum: 981 184 293
  • Conserxería do Ágora: 981 189 888

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión