Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición: Autoras sobre o papel. Viñetas 2014 Ágora

Exposición no Ágora das autoras Laura Blanco, Nuria Díaz Berride, Vanessa Durán, Talía García "Perrilla", Macus Romero, Irene Sanjuan e Marina Seoane.

Cando:

Dende o 01/08/2014 ata o 30/08/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Exposición que inclúe 4 obras de cada unha das 7 autoras participantes na presente edición. Un total de 28 ferros que abarcan diferentes medios, técnicas e xéneros para contar historias a través do cómic e a ilustración.

Laura Blanco

Foi modeladora para distintas longametraxes como Espírito do bosque, O soño dunha noite de San Xoán ou Holy Night!, todas elas da produtora Dygra Films. Entre outros traballos seus destaca o deseño da estatuílla dos Premios Mestre Mateo. Como ilustradora, ten diversificado o seu labor en relación aos materiais utilizados, experimentando con plastilina, papel maché ou elementos de reciclaxe. Actualmente representa o 50% de Cartoonterías S. C., empresa cun enfoque multidisciplinar, que comprende dende a decoración e a modelaxe ata o cosplay.

http://www.facebook.com/cartoonterias.sc

 

Nuria Díaz

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, fixo un master en Arte e Comunicación en Santiago de Compostela. Gañou o Premio de Ilustración Pura e Doura Vázquez da Deputación de Ourense no 2010. Traballa sobre todo nos sectores editorial e de produto. Entre os seus últimos traballos están as ilustracións para o libro-disco Toc Toc de Pablo Díaz (Galaxia, 2013) ou unha baralla educativa para a colección Mabusca de Naipes Heraclio Fournier.

http://www.nuriadiaz.es

 

Van Durán (Vanessa Durán)

Licenciada en Belas Artes, é ilustradora e debuxante de cómic. No 1994 logrou unha mención especial e o 1º Concurso de Manga de Norma Editorial; ao ano seguinte gañou o premio de “Mellor manga” do I Salón do Manga de Barcelona e debutou na editorial Camaleón Ediciones con dous títulos: Uno entre un millón e Sheol. Colaborou en máis dunha decena de libros sobre o estilo de debuxo manga. Recentemente retomou a súa faceta nos cómics debuxando El esclavo de la Rosa, xunto ao guionista Javi Cuho (Nowevolution, 2010-2012); agora está a publicar a súa webcomic Niflheim (Subcultura.es).

http://www.vanduran.com

 

“Perrilla” (Talía García)

De formación autodidacta, comezou á súa carreira artística creando a súa marca ilustrada de roupa e complementos, Perrilla y Cía, coa que recibiu varios premios. Despois internouse no mundo da ilustración infantil e do cómic, onde escribe e ilustra as súas propias historias.

http://perrillaycia.blogspot.com.es

 

Macus Romero

Ilustradora especializada no sector infantil. Ten ilustrado libros de texto, contos interactivos e álbums para editoriais como Xerais, Molino, Baía, SM ou Blue Planet Tales. Tamén deseñou produtos infantís e decorou espazos para grandes e pequenos. Comezou a súa formación artística na Escola de Arquitectura da Coruña, e despois foi a Madrid á Escola de Belas Artes, aínda que ela considérase autodidacta.

http://www.macusromero.es

 

Irene Sanjuán

Estudou ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña. Dedícase á ilustración, tanto editorial como publicitaria, campos que compaxina co do ensino. Pertence ao colectivo de artistas de No Importa Taller Creativo. No 2012 ilustrou o libro De profesión inventor (Bululú). No 2013 presentou a súa primeira exposición, De puntillas: un paseo por la ilustración, na Galería Sargadelos de Ferrol. Na actualidade imparte un taller de ilustración no Fórum Metropolitano da Coruña e traballa en campañas publicitarias para clientes de diversos sectores.

http://no-importa.com/blog/irene-sanjuan

 

Marina Seoane

Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Madrid, vén colaborando con máis de corenta editoriais, estudos de deseño e organismos oficiais. Ilustrou arredor de douscentos cincuenta libros e escribiu cinco contos. Varios dos seus libros obtiveron premios e mencións, como do Ministerio de Cultura, da Lista de Honor do CCEI ou da White Ravens. Autora de varios carteis de animación á lectura, realizou once exposicións individuais e participou en numerosas colectivas. Foi directora artística da editorial Edimáter. Actualmente é presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

http://www.marinaseoane.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión