Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2014

Animación Coruña42, enerxía con moito ritmo para os runners

O programa de animación do Maratón Atlántica realiza a súa segunda edición, como unha das actividades máis festivas e entretidas á marxe da proba de Coruña42 e a súa 10k. Un total de catorce grupos participan este ano, e coma na pasada edición, a través dun concurso de Twitter premiaranse os grupos máis votados.

Coruña42 na súa terceira edición aspira de novo a aglutinar algo máis que o Maratón Atlántica e a súa 10k. Quere que as rúas da urbe herculina se convertan en toda unha festa e que tanto corredores como runners poidan gozar dunha xornada inesquecible. Este ano repetirá o programa de Animación de Coruña42 coa colaboración da Refinería de Repsol na Coruña que conmemora o seu 50 aniversario. Un compedio de 14 grupos da cidade situados en diferentes puntos do trazado, asignados por sorteo, amenizarán o percorrido tanto a runners como ao público asistente. A súa distribución nos 14 quilómetros dos que consta o circuíto será a seguinte:

  • Millennium: Master Class Curumin Capoeira
  • Paseo Marítmo (San Roque): Actuación de Bento Veloso y los 12 trinches
  • Paseo Marítimo (Playa Club): Actuación de The Decoders
  • Paseo Marítimo (Coiraza): Master Class Zumba Galicia
  • Casa Sol: Actuación de 4 grupos dos Locais de ensaio
  • Escalinata Domus: Actuación de Lonely Coaster
  • Antigo cárcere: Master Class grupo de ioga Shivashaktidevi
  • Aparcadoiro Torre de Hércules: Master Class zumba Sospechosos habituales
  • Cantón Grande: Master Class do centro deportivo municipal de San Diego
  • Xardíns Méndez Núñez: Actuación de Malasömbra
  • Teatro Colón: Actuación de 4 grupos dos Locais de ensaio
  • Fábrica de Tabacos: Actuación de B.A.R.
  • As Lagoas: Actuación de Daniel Royo
  • Explanada de Riazor: Master Class das Escolas Deportivas Municipais
Así mesmo, todos estes grupos participarán no concurso de Twitter #AnimaciónCoruña42, organizado pola Concellería de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña, a través do seu Servizo Municipal de Deportes. Neste evento, a través dos votos os grupos de Animación de Coruña42 poderán optar a un premio que recoñeza o seu importante labor dentro de Coruña42. Este comezará este domingo día 27 ás 08.00 horas e finalizará ás 23.59 horas do domingo 4 de maio. Ademais, os atletas participantes na proba serán enquisados para avaliar a súa opinión acerca dos diferentes puntos do programa de animación.

Os participantes e os seus fans deberán ser seguidores da conta social de Twitter de @Coruna42 e para votar deberán empregar a etiqueta #AnimaciónCoruña42+nome do grupo ao que queren votar.

Esta é a lista das etiquetas que haberá que empregar en función do grupo. Só se contabilizarán aqueles votos que empreguen estes hashtag:

  • MasterClass Supera San Diego: #AnimaciónCoruña42SanDiego
  • Grupo Música B.A.R.: #AnimaciónCoruña42BAR
  • Grupo Música Locais de ensaio 1: #AnimaciónCoruña42Locais
  • Grupo Música Locais de ensaio 2: #AnimaciónCoruña42Locais
  • Masterclass EDM: #AnimaciónCoruña42EDM
  • Masterclass Sospechosos habituales: #AnimaciónCoruña42SospechososHabituales
  • Grupo Música Lonely Coaster: #AnimaciónCoruña42LonelyCoaster
  • Grupo Música Daniel Royo: #AnimaciónCoruña42DanielRoyo
  • Grupo Música Bento Veloso y los doce trinches: #AnimaciónCoruña42BentoVeloso
  • Masterclass Curumin Capoeira: #AnimaciónCoruña42Curumin
  • Grupo Música The Decoders: #AnimaciónCoruña42TheDecoders
  • Grupo Música Malasombra: #AnimaciónCoruña42Malasombra
  • Masterclass Zumba Galicia: #AnimaciónCoruña42ZumbaGalicia
  • Masterclass Mahashakti: #AnimaciónCoruña42Mahashakti

Só se admitirá un voto por persoa e día. As tres máis votadas recibirán unha gratificación de 500 € o gañador, 300 € o segundo clasificado e 200 € o terceiro. A partir do día 29 de abril, como axuda para a elección dos votos, poderase acceder a un pequeno vídeo recordatorio de cada punto de animación en a web oficial de Coruña42, www.coruna.es/carreraspopulares

Ademais, como agradecemento á participación dos usuarios de Twitter no concurso, sortearanse dous premios consistentes en dúas entradas para un spa.

O sorteo realizarase da seguinte maneira: por unha banda entre todos os usuarios que votaron á actividade gañadora e por outro entre os que utilizaron a etiqueta #AnimaciónCoruña42+grupofavorito durante a promoción.

O sorteo realizarase a través da ferramenta TwitterDraw, a cal elixirá ao azar os dous gañadores o luns 5 de maio ás 12.00 horas. Unha vez publicados os gañadores do concurso, a organización poñerase en contacto coa premiados vía mensaxe directa de Twitter para concretar a entrega do premio. As persoas participantes poderán resultar gañadoras unha soa vez.

Animación Coruña42 quere ser unha festa o día da carreira e dende a organización tamén queren dar a maior difusión e premiar os grupos que amenicen tanto o Maratón Atlántica como a 10k o día da carreira.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión