Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilusionismo, maxia ou ciencia?

A exposición "Ilusionismo, maxia ou ciencia?" convida o visitante a descubrir os fundamentos científicos do ilusionismo e algúns dos mecanismos que utiliza.

Cando:

Dende o 13/11/2013 ata o 12/01/2014

Xa rematou

Enderezo:

Xardíns de Méndez Nuñez

Prezo:

Visitas guiadas gratuítas, non é necesario reserva previa.

Visitas dirixidas a centros escolares, concertar día e hora chamando ao 902 906 666.

Documentos:

ilusionismo_es-1.pdf (1 MB)

A exposición estrutúrase en catro ámbitos que mostran os diversos aspectos que interveñen na percepción da realidade e na xeración das ilusións a través de xogos interactivos e exemplos prácticos.

A exposición tamén lle ofrece ao visitante a posibilidade de experimentar coa percepción e participar do espectáculo do ilusionismo; no marco da exposición ofrécense visitas guiadas gratuítas.

Unha ilusión é un fenómeno mental consistente en sensacións e percepcións estrañas e inesperadas. O que percibimos nunha ilusión é sempre diferente ao que esperamos ou consideramos lóxico.

Durante séculos, os magos exploraron cientificamente os límites da mente e as súas percepcións para crear ilusións.

Hoxe, esta situación invértese e son os científicos os que se interesan polo traballo destes artistas da conciencia para comprender mellor o funcionamento do cerebro e a mente humana.

 

Actividades para o público xeral sen reserva previa.

Visitas guiadas gratuítas: Todos os días ás 18 h e sábados, domingos e festivos, ás 12 h e ás 18 h. Non é necesaria reserva previa.

Visitas dirixidas a: centros, asociacións e entidades socioculturais. Para poder participar é indispensable concertar día e hora chamando ao número de teléfono 902 906 666.

O misterio da noite desaparecida: relato dun conto baseado nunha lenda da selva amazónica a partir de sombras chinescas. Despois de ver esta montaxe, os participantes poderán poñer a proba a habilidade das súas mans dando vida a diversos animais.

Sábados, domingos e festivos, ás 11 h.

Altamente improbable! Sentidos, percepción e cerebro: este taller presenta unha serie de ilusións que exemplifican distintas familias de trucos que utilizan habitualmente os ilusionistas e que se poden explicar dende distintas ramas da ciencia, como a física, as matemáticas ou a bioloxía.

Sábados, domingos e festivos, ás 12 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión