Concello da Coruña

Concello da Coruña

Quidam - Circo do Sol

Quidam tivo a súa première mundial en Montreal, baixo a Gran Carpa en abril de 1996. Dende entón a produción viaxou por cinco continentes e foi experimentada por miles de persoas.

Cando:

Dende o 25/12/2013 ata o 29/12/2013

Xa rematou

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

Sesións estándar: de 37'00 a 74'00 euros (segundo zona)

Sesións premium: de 40'50 a 77'50 euros (segundo zona)

* Descontos en todas as sesións para nenos de entre 2 e 12 anos.


Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Live Nation España SAU

Quidam embárcanos nunha nova aventura, cativando os sentidos da audiencia coa súa produción, pero agora en areas por todo Norteamérica. O elenco bríndanos 52 acróbatas, músicos, cantantes e personaxes, todos de clase mundial.

A comparación de calquera outro show presentado por Cirque du Soleil, Quidam non leva o espectador a un mundo imaxinario de sorpresas e maxia, ao contrario, móstranos unha emanación do noso propio mundo - habitado por xente real, con defectos e problemas relevantes arredor do planeta.

A pequena Zoé está aburrida; os seus pais, distantes e apáticos, ignórana. A súa vida perdeu todo o significado. Buscando encher ese baleiro dentro da súa existencia, ela mesma introdúcese nun mundo máxico e imaxinario - o mundo de Quidam - onde coñece a personaxes que a motivan a liberar a súa alma.

Quidam: é un descoñecido sen nome, unha figura solitaria merodeando nunha esquina, unha persoa apresurada que é consumida por un tumulto de xente. Pode ser calquera persoa, quen sexa. Alguén que vén ou vai dentro do corazón da nosa sociedade anónima. O membro dunha audiencia, só un na maioría do silencio.
Aquel que grita, canta e soña entre todos nós.

Isto é “Quidam”, ao que este show permite falar. Este é o lugar que nos invoca - un lugar para soñar, para relacións xenuínas onde todos os quidams, que ao proclamar a súa individualidade, finalmente emerxen do anonimato.

 

SESIÓNS ESTÁNDAR

- Xoves 26 de decembro 2013 - 17.30 h e 21.00 h

- Venres 27 de decembro 2013 - 21.00 h

- Sábado 28 de decembro 2013 - 14.00 h

- Domingo 29 de decembro 2013 - 13.00 h

 

Prezos sesións estándar

PL1 74'00 €

PL2 68'00 €

PL3 49'50 €

PL4 37'00 €

 

SESIÓNS PREMIUM

- Mércores 25 de decembro 2013 - 21.00 h

- Venres 27 de decembor 2013 - 17.30 h NOVA SESIÓN Á VENDA A PARTIR DO 12 DE XULLO

- Sábado 28 de decembro 2013 - 17.30 e 21.00 h

- Domingo 29 de decembro 2013 - 16.30 h

 

Prezos sesións premium

PL1 77'50 €

PL2 71'00 €

PL3 52'50 €

PL4 40'50 €

 

 ** Descontos en todas as sesións para nenos de entre 2 e 12 anos.


Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión