Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de verán 2013

Divírtete e aprende.

A oferta de actividades que presentamos busca cubrir parte do tempo de lecer dos nenos e nenas da nosa cidade a través de todo tipo de actividades motrices, producións plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes e descubrindo a contorna urbana próxima, ademais de dar resposta ás necesidades das familias unha vez finalizado o curso escolar.

DURACIÓN

Quendas quincenais, con actividades de luns a venres de 10.00 a 14.00 h, excepto o último día de campamento, en que se prolongará o horario ata as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia, na que cada participante levará a súa comida.

Realizarase unha pequena pausa de 11.45 h a 12.00 h para tomar unha merenda, que traerá cada participante. As familias que o desexen poderán solicitar a ampliación do horario de 9.00 a 10.00 h no momento da inscrición.

COTA

35 euros por participante e quenda. Ampliación de horario: 5 euros.

 

QUENDAS

Quenda 1: do 1 ao 15 de xullo

Quenda 2: do 16 ao 31 de xullo (o 25 festivo non teremos campamento)

Quenda 3: do 1 ao 14 de agosto

Quenda 4: do 19 ao 30 de agosto

 

PARTICIPANTES

Poderán participar os nenos e as nenas nacidos entre 2001 e 2009, agrupados por idades. A actividade non conta con profesionais de apoio para nenos con necesidades educativas específicas.

 

INSCRICIÓN/DATAS

* Inscrición previa: do 6 ao 9 de maio.

* Sorteo público: 10 de maio ás 10.00 h, en cada unha das sedes.

Número de sorteo no Centro Ágora: 314.

Número de sorteo no Fórum: 184.

As peticións adxudicáronse a partir dos ditos números en función das prioridades seleccionadas e a dispoñibilidade das prazas.

* Publicación de listas de admitidos e listas de espera: 13 de maio.

* Inscrición: do 13 ao 16 de maio (ambos incluídos).

* Listas de espera: do 20 ao 24 de maio (mediante chamada telefónica no caso de obter praza).

* Prazas libres: a partir do 27 de maio por rigorosa orde de chegada en caso de sobrar prazas.

Horarios: A inscrición terá  lugar nas conserxerías do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

Proceso

Realizarase a solicitude no centro no que se desexe desenvolver os campamentos. Pódense solicitar todas as quincenas que se desexen, estas deben solicitarse por orde de preferencia, primeiro adxudicarase a primeira obción solicitada (partindo do núm. extraído no sorteo) ata completar a oferta e logo buscarase conceder polo menos unha aos seguintes solicitantes antes de conceder unha segunda quincena a alguén que xa ten unha. O sorteo realizarase extraendo un número, a adxudicación de prazas comezarase a partir da solicitude que teña ese mesmo número. Se a última praza lle corresponde a un neno ou nena cun irmán/a preinscrito consecutivamente, ambos entrarán na praza.

TEMÁTICAS

1ª quenda: "A miña cidade". Descubriremos a través da historia, a contorna, as propostas de lecer... como deseñar unha guía turística da súa propia cidade e que valores poñerán en alza de cara a ensinárllela aos demais.

2ª quenda: "Unha viaxe ao Xurásico". Achegarémonos ao mundo da palentoloxía, a xeoloxía ou mesmo a bioloxía para coñecer mellor os dinosauros e as súas características, as distintas especies, por que se extinguiron, onde e como vivían, comían...

3ª quenda: "A biblioteca de Alexandría". A través dos distintos personaxes fantásticos, xa sexan superheroes ou heroínas, dos cómics, libros de aventuras, de misterio... descubriremos todo o que unha biblioteca nos pode ofrecer para poder crear unha propia.

4ª quenda: "De festa en festa". As distintas festas históricas que se desenvolven ao longo de toda a nosa xeografía permitirannos coñecer os nosos pobos e as súas tradicións: A Batalla de Elviña, A Reconquista de Vigo, A Romaría de Saínza, en Reiriz de Veiga; O Desembarco Viquingo, da Catoira, a Festa do Esquecemento, en Xinzo de Limia; Arde Lucus, en Lugo, entre outras moitas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión