Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas Di(n)versos - Nuno Júdice e Eva Veiga

O Ciclo Poetas Di(n)versos contará coa presenza de Nuno Júdice e Eva Veiga.

Cando:

11/03/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

FOLLETO-6_DINVERSOS-CAMBIO-LOGOTIPO.pdf (554 KB)

Nuno Júdice naceu en 1949 no Algarve, concretamente en Mexilhoeira Grande, e licenciouse en Filoloxía Románica pola Facultade de Letras de Lisboa. Hoxe en día é profesor asociado da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, onde se doutorou cunha tese sobre «O espazo do conto no texto medieval» (1991). Ademais, codirixiu o proxecto de edición online dos Cancioneiros medievais galaico-portugueses. Publicou tamén antoloxías da Poesía do Futurismo portugués e, entre outras, encargouse das edicións críticas dos Sonetos de Antero de Quental (1994) e do Cancioneiro de D. Dinis (1998). Foi premiado por varios libros de ensaio sobre temas de poesía, ficción e teoría literaria, sendo o último deles Abc da crítica (2010). Por outra banda, Júdice exerceu as funcións de conselleiro cultural da Embaixada de Portugal e director do Instituto Camões, en París, dende 1997 ao 2004. Do mesmo xeito, dirixiu a revista "Tabacaria" da Casa Fernando Pessoa ata o ano 1999, e no 2009 asumiu o cargo de director da revista «Colóquio-Letras» da Fundação Calouste Gulbenkian.

Pero ademais Nuno Júdice é poeta e narrador, cunha dilatada obra amplamente traducida e títulos orixinais publicados maiormente polas Edições Dom Quijote. Publicou o seu primeiro libro de poesía -Noçao do poema- en 1972 e, dende daquela, recibiu os máis importantes premios de poesía portugueses: o do Pen Club en 1985, o D. Dinis da Fundación Casa de Mateus en 1990 e o da Asociación Portuguesa de Escritores en 1994, este último co libro Meditação sobre ruínas, que rapidamente foi traducido ao francés, en París, e ao inglés, en Londres. É un dos poetas máis consagrados e recoñecidos de Portugal, está presente en numerosas antoloxías, e conta tamén con dúas obras traducidas ao castelán, publicadas por Visor e Hiperión.

O CRISTO ESQUECIDO

Ali, naquele fundo de igreja, na parede

mais branca e mais deserta, ao frio da noite,

iluminado apenas por um resto de luz

que vem da lâmpada acesa na rua, o crucificado

esconde-se. Já ninguém vai

àquele desvão, ninguém sabe talvez

que ele ainda ali está, e no entanto é aquele

o seu lugar. Sozinho, reza para que

ninguém o veja, para que ninguém lhe

peça nada: que resposta poderia dar

a quem o procurasse? Que promessas acenderia

no olhar dos desesperados? Onde iria encontrar

a luz para quem vive na escuridão? Mas

está ali; e quando penso nele pergunto

se não o devia tirar daquela parede ou, pelo menos,

se não deveria ir até esse desvão, olhá-lo nos olhos

brancos da morte, e consolá-lo, por pouco que

seja, com a minha presença.

A poeta e xornalista Eva Veiga naceu en Ombre (Pontedeume) no ano 1961, e é tamén filóloga licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela.

En 1985 comezou a traballar na Televisión de Galicia, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Este labor valeríalle algúns recoñecementos como dous Premios TP e o Premio Galicia de Comunicación, entre outros. Máis tarde, unha grave enfermidade apartouna do traballo en televisión, e pasou entón a dedicarse á escritura de artigos en diversas revistas e xornais. Dende entón publicou relatos en revistas, en medios de comunicación escrita e libros colectivos, así como a guía sobre Compostela Santiago. Cidade de peregrinación (2002). Xunto a Ánxeles Penas, escribe o libro ALFONSO COSTA, un exhaustivo estudo da vida e obra do recoñecido artista noiés.

Como autora de poesía, ten publicadas as seguintes obras: Fuxidíos (1992), Paisaxes do Baleiro (1999), A Pedra Insomne (2002), A Luz e as súas Cicatrices (2006), Desconcerto (2006), Poemas do Eume (2009), A Frecha Azul do Teixo (2010) e o máis recente Nesta Hora Imposible (2012), con fotografías de Mada Carballeira.

Voz tocada pola luz e gran declamadora de poesía, Eva Veiga formou parte do grupo poético-musical “Ouriol” xunto aos músicos Fito Aires e Bernardo Martínez, ofrecendo exquisitos espectáculos poéticos por escenarios de dentro e fóra de Galicia. Dando continuidade a esta faceta interpretativa, Eva acaba de debutar no cinema da man da directora Margarita Contento, interpretando o papel protagonista no filme A cicatriz branca.

flor de neve que cae

como descenden as horas máis fermosas da tristeza

doces e lentas sobre a pel

vólvese de silencio

faise de noite e esquece

mentres dentro o sangue

fractal na extrema queimadura

só un intre

ata que a flor se ergue

e fica a sombra invisible

o frío

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión