Concello da Coruña

Concello da Coruña

MusiCalidades

O 14 de setembro, o centro Ágora estrea en primicia a exposición fotográfica musical galega "MusiCalidades", cun concerto semiacústico con moitos/as dos artistas presentes nesta iniciativa.

Cando:

Dende o 14/09/2012 ata o 13/10/2012

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Que teñen en común artistas coma Roi Casal, Cardigan Bridge, Linda Guilala, Jacobo Paz&Dos Mundos, Cornelius, Plus Lottus, The&Gone Lost, When Nalda Became Punk, Carlos Bau, Baldosa Amarilla, YUL, Embora, La Sombra, Bristol, Mónica de Nut, Uxío Mayo, Sabdios, Zaro Arte en Tinta ou Liviao do Marrao? Todas e todos eles forman parte da exposición fotográfica MusiCalidades, máis de cincuenta músicos e artistas encerrados nas habitacións do hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela pola fotógrafa Sue Rainbow, baixo a dirección artística de Paco Gallego.

Que é MusiCalidades?

O pasado 30 de xuño o hotel compostelán NH Obradoiro acolleu unha iniciativa singular. A fotógrafa de moda Sue Rainbow, acompañada de Paco Gallego á dirección artística, conseguiu reunir a un bo número músicos e artistas galegos e galegas de todo tipo, orixe e condición.

A dirección do hotel puxo a disposición dos responsables de MusiCalidades tres habitacións dobres e unha suite Premium, todas situadas na primeira planta. Se visen o que sucedía dentro de cada unha delas, quen sabe se se tería levado adiante esta iniciativa.

Pop, rock, jazz, blues, metal, alternativa... todo tipo de estilos e bandas que interpretan a súa música en diferentes idiomas. Mónica de Nut, Cardigan Bridge, Linda Guilala, Carlos Bau (gañador do Premio Nacional da Música 2010 ao mellor tema en galego), Baldosa Amarilla (premio do público ao mellor videoclip no Festival de Cans 2012) ... Jacobo Paz& Dos Mundos... Bristol, Cornelius... YUL... bandas e artistas emerxentes de toda a xeografía galega.

Os músicos/as adoitan ocultarse en escena detrás da súa interpretación. Nesta curiosa iniciativa, vemos o artista desposuído de parte -só de parte- da súa condición musical para exteriorizarnos de forma humorística ou colorista a súa forma de ser e entender a música.

As imaxes, unhas 63 en total, convertéronse nunha exposición que se poderá visitar entre o 14 de setembro e o 13 de outubro no Centro Cultutral e Social Ágora. A propia tarde da inauguración realizarase no vestíbulo do Centro Ágora un concerto que contará con artistas como Roi Casal, Cardigan Bridge, Mónica de Nut, Jacobo Paz, YUL, Carlos Bau, Linda Guilala, Sabdios, The&Gone Lost e algunha sorpresa máis.

MusiCalidades contará con diversas actividades que converterán esta exposición en todo un fenómeno vivo, proactivo e interactivo.


Para non perderse as actividades de MusiCalidades:
Páxina de Facebook Centro Ágora:  http://www.facebook.com/centroagora
Páxina de Facebook da Concellería de Cultura:  http://www.facebook.com/CulturaCoruna

Lista completa de bandas, solistas e artistas presentes en MusiCalidades:

  • Roi Casal (exMilladoiro e agora en solitario)
  • Jacobo Paz & Dos Mundos
  • Cardigan Bridge
  • Mónica de Nut
  • Yul
  • Zaro Arte en Tinta
  • Embora
  • Carlos Bau
  • La Sombra
  • Bristol
  • The Gone&Lost
  • Linda Guilala
  • When Nalda
  • Liviao do Marrao
  • Nostatic
  • Sabdios
  • Baldosa Amarilla
  • Uxío Mayo y la Banda Fetichista
  • Habitación 316
  • Javier Prado - Moondogs Blues Party
  • Los 22
  • Plus Lottus
  • Cornelius
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión