Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2012

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, acompañada polas tres concelleiras de barrio, Carmen Hervada, Mariel Padín e Susana Pazo, presentaron a Guía de Asociacións da Coruña, impulsada polo Concello

A Guía de Asociacións da Coruña, impulsada polo Concello, a través da Área de Participación Cidadá está pensada para facilitar o acceso de todos os veciños aos recursos asociativos existentes no municipio.

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, acompañada polas tres concelleiras de barrio, Carmen Hervada, Mariel Padín e Susana Pazo, presentaron a Guía de Asociacións da Coruña, impulsada polo Concello, a través da Área de Participación Cidadá, para facilitar o acceso de todos os veciños aos recursos asociativos existentes no municipio.

"A promoción do tecido asociativo da cidade é un dos nosos obxectivos", destacou Cid, e engadiu: "a nosa cidade é un claro exemplo diso, o que significa potencial humano, solidario e participación cidadá. En comparación con outras cidades de iguais características, A Coruña ten un tecido asociativo moito maior".

A guía nace como un instrumento de referencia para que a cidadanía coñeza os recursos que lle ofrece o tecido asociativo coruñés. O contido central da guía constitúeo unha relación das asociacións que traballan na nosa cidade e que quixeron ser incluídas na guía. En total, e de momento, participan máis de 300 asociacións divididas en 15 ámbitos de actuación diferentes. Esta iniciativa confirma a existencia na nosa cidade dun gran potencial humano, dinámico, solidario e participativo, o que se reflicte na cantidade de asociacións que existen e que realizan o seu traballo en moi diferentes áreas. A guía ofrece información sobre a localización, teléfonos, email, páxina web ou horario de atención da asociación, persoas beneficiarias, obxectivos e fins, ámbito de actuación, recursos ou actividades.

A publicación actualizarase de forma permanente, incluíndo novas asociacións que se constitúen ou modificacións de datos nas que agora aparecen. "Trátase de que esta guía, coma as asociacións coruñesas, estea permanentemente viva, realizando un continuo labor de actualización, coas altas e baixas que se poidan producir, e actualizando os datos das xa incluídas", concluíu Luisa Cid.

Ademais, esta guía, ofrece información básica e útil sobre o proceso de constitución dunha asociación e a súa inscrición rexistral.

Está dispoñible na web do Concello da Coruña www.coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión