Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Técnico Superior en Documentación Sanitaria (LOXSE)

Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
1400 horas
Información xeral

Familia profesional: Sanidade

Requisitos
  • Título de Bacharel da LOE.
  • Título de Bacharel da LOXSE.
  • curso do bacharelato experimental.
  • Curso de Orientación Universitaria (COU) ou Preuniversitario (PREU).
  • Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Definir e organizar procesos de tratamento da información e da documentación clínica, codificándoa e garantindo o cumprimento das normas da administración sanitaria e dos sistemas de clasificación e codificación internacionais, baixo a supervisión correspondente.

Sectores: Sector sanitario, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, en atención especializada e en saúde pública. Principais subsectores: atención primaria e comunitaria (arquivo de historias clínicas), atención especializada (servizo de admisión e arquivo de historias clínicas), saúde pública (área de avaliación e control de calidade, e epidemioloxía).

Profesións para as que capacita: Técnico de documentación sanitaria, técnico de codificación, unidades de documentación clínica, arquivo de historias clínicas, avaliación e control de calidade da prestación sanitaria (o técnico en Documentación sanitaria depende xerarquicamente do facultativo responsable da unidade de documentación clínica ou arquivo de historias clínicas).

Plano de estudos


HORAS TOTAIS

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

1º, 2º e 3º trimestre

130

Organización de arquivos clínicos

110

Definición e tratamento de documentación clínica

290

Codificación de datos clínicos e non clínicos

110

Validación e explotación das bases de datos sanitarias

80

Aplicacións informáticas xerais

55

Relacións no contorno de traballo

80

Proxecto integrado

55

Formación e orientación laboral

4º trimestre

440 

Formación en centros de traballo

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Máis información

Portal educativo: www.edu.xunta.es/fp

Centros onde se imparte:

A Coruña

  • Coruña, A: CIFP Ánxel Casal (Tel. 981 210112)
  • Santiago de Compostela: IES Lamas de Abade (Tel. 981592461)

Pontevedra

  • Redondela: IES de Chapela (Tel. 986453330)
Normativa Legal
  • ENSINANZAS MÍNIMAS: Real decreto 543/1995 de 7 de abril (BOE 05-06-95)
  • CURRÍCULO: Real decreto 555/1995 de 7 de abril (BOE 06-06-95). Decreto 113/2000 de 27 de abril, (DOG 23-05-00)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión