Martes, 30/12/2008
O Goberno xa aprobou os 15 anteriores proxectos remitidos polo Concello
O Concello aproba trinta novos proxectos para o Fondo Estatal de Investimento Local por importe de case once millóns de euros
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o segundo paquete de medidas incluído no Fondo Estatal de Investimento Local, cun importe global de 10.814.291,85 euros, que engadidos aos xa aprobados nunha anterior xunta suman xa 21.897.250 euros que se solicitarán con cargo a eses fondos estatais para seguir mellorando os servizos, infraestruturas e o benestar dos coruñeses.

Os trinta proxectos aprobados hoxe corresponden a diversas áreas de goberno e son os seguintes:
-Rehabilitación de pavillón modernista para servizos administrativos de Turismo: 377.290 euros.
-Construción de salas de ensaio e ampliación de antepalco no Coliseo: 592.191,60 euros.
-Reforma do filtrado de auga do Aquarium Finisterrae: 1.740.000 euros
-Ampliación do Centro Municipal da Muller: 89.677 euros.
- Ampliación de vestiarios no campo de fútbol de herba artificial Arsenio Iglesias (Grela II): 79.373 euros.
-Ampliación de vestiarios no campo de fútbol de herba artificial Víctor Fernández Alonso (Leyma): 118.714 euros.
-División de campos e dotación de proteccións de fondo e laterais na Cidade Deportiva da Torre: 46.262,73 euros.
-Reposición de muro e cerramento na Cidade Deportiva da Torre: 41.621,82 euros.
-Rehabilitación de vestiarios na Cidade Deportiva da Torre: 144.104,38 euros.
-Rehabilitación de lucernario do frontón da Cidade Deportiva da Torre: 50.384,60 euros.
-Construción de sala de musculación na Cidade Deportiva de Riazor: 99.199,74 euros.
-Reparación e mellora de vestiarios na polideportiva I de Riazor: 24.750 euros.
-Reparación da estrutura e da zona de subida do rocódromo de Riazor: 39.065, 32 euros.
-Rehabilitación de lucernario da pista polideportiva do Ventorrillo: 85.998,92 euros.
-Reposición de xogos infantís e instalación de chans sintéticos no CEIP do municipio: 471.496 euros.
-Melloras de pavimento e accesibilidade na rúa Claveles: 155.800,48 euros.
-Pavimentación de rúas en Mesoiro: 202.703,12 euros.
-Iluminación da praza Salvador de Madariaga e a súa contorna: 125.364,23 euros.
-Pavimento e beirarrúas en Alfredo Vicenti: 915.751,26 euros.
-Mellora da iluminación pública en Labañou, Grupo María Pita e Pardo Santallana: 377.688,14 euros.
-Mellora da iluminación en San Pedro de Visma, Bens e Nostián: 321.701,54 euros.
-Ampliación da área de xogos de Arquitecto Rey Pedreira: 107.590,75 euros.
-Implantación de iluminación na contorna de Alfredo Tella: 310.954,24 euros.
-Pavimentación das rúas Europa, San Rosendo, Pedroso, Filipinas e Puerto Rico, no barrio dos Mallos: 748.709,11 euros.
-Mellora da iluminación en Castrillón e Os Castros: 615.120,73 euros.
-Recollida de pluviais na estrada Feáns-Mesoiro: 295.839,32 euros.
-Pavimento e beirarrúas en Vales Villamarín e Xeneral Sanjurjo: 999.805 euros.
-Pavimentación das rúas Francisco Terramancy, Borrallón, San Vicente, Francisco Catoira, Diego Delicado, Germán Taibo e Mariana Pineda, no barrio dos Mallos: 747.069 euros.
-Beirarrúas na Avenida Glasgow: 615.064 euros.
-Acondicionamento de local municipal para acoller oficinas de atención ao público da Área de Seguridade Cidadá: 275.000 euros.
Os maiores investimentos serán, polo tanto, para realizar obras de asfaltado e renovación de beirarrúas, ademais de mellora de iluminación, nos barrios da cidade. Tamén se renovarán instalacións deportivas.
Con estes xa son 45 os proxectos aprobados en xunta de goberno para a súa inclusión no Fondo Estatal de Investimento Local, por un importe global de 21.897.250,92 euros. Na primeira quincena de xaneiro o Concello aprobará o resto de proxectos, por un importe de 21.356.557,08 euros, ata completar os 43.253.808 euros que o Estado lle concede á cidade da Coruña dentro deste plan de investimentos.
Cómpre salientar que o Ministerio de Administracións Públicas confirmou hoxe a aprobación dos anteriores quince proxectos xa aprobados polo Concello e remitidos a pasada semana ao Goberno.
Cabe lembrar que estes proxectos xa aprobados polo Goberno son:
-Renovación de pavimento e beirarrúas na Avenida de Hércules: 1.616.377 euros.
-Pavimentación de calzada en Paseo Marítimo, entre Curros Enríquez e Manuel Murguía: 633.607 euros.
-Pavimentación de beirarrúas en Juana de Vega: 539.291 euros.
-Renovación de pavimento e beirarrúas en Pepín Rivero: 666.560 euros.
-Implantación da iluminación pública nas rúas Alcalde Jaime Hervada e Alcalde Liaño Flores: 130.000 euros.
-Implantación da iluminación pública en Alcalde Peñamaría de Llano, Alcalde Salorio Suárez e Francisco Miguel: 97.597 euros.
-Pavimentación de calzada e captación de pluviais en Alcalde Jaime Hervada e perpendiculares: 1.051.565 euros.
-Pavimentación de beirarrúas e estacionamento na rúa Rosas: 154.537 euros.
-Fresado e reposición de pavimento en Avenida de Salvador de Madariaga e zonas de estacionamento: 271.810 euros.
-Pavimentación do Grupo de Vivendas Santa Cristina. Palavea: 1.350.473 euros.
-Proxecto de modernización e mellora eficiente da iluminación pública en Polígono de Adormideras, punta Herminia: 329.600 euros.
-Proxecto de modernización e mellora eficiente da iluminación pública en San Cristóbal das Viñas, Birloque, Mesoiro e Feáns: 546.891 euros.
-II Fase de Rehabilitación do Grupo de Vivendas A nosa Señora do Carme: 2 millóns de euros.
-Rehabilitación da contorna da muralla medieval da Coruña: 998.000 euros.
-Reurbanización das rúas interiores en Pescadería: 696.000 euros.
Outros asuntos
A Xunta de Goberno aprobou tamén a terceira fase do proxecto do miradoiro do monte de San Pedro, para continuar co proceso de recuperación deste espazo para a cidadanía. Así, aprobouse a dotación expositiva e o inicio do expediente de contratación das obras. O proxecto ascende a 487.000 euros.
Na área de Urbanismo, aprobouse o alleamento da cota de propiedade que ten o Concello da Coruña sobre unha parcela da Gaiteira. Desta forma, ábrese o proceso de licitación. O que resulte adxudicatario da parcela, poderá realizar o proceso de urbanización correspondente e execución do polígono. Trátase dunha parcela de 2.500 metros cadrados, cuxa ordenación permitirá regularizar o tecido urbano entre as rúas Gaiteira, José González Chas e San Diego facendo desaparecer as actuais calellas.
A Xunta tamén adxudicou provisionalmente a Acciona Infraestructuras as obras de peonalización da rúa Barcelona e a súa contorna por un importe de 1.539.839,36 euros. O proxecto pretende unha renovación completa da urbanización da rúa Barcelona e a súa contorna, dando unha imaxe "renovada, máis limpa, diáfana e moderna"; ademais de completar e renovar servizos, segundo recolle o proxecto.
O ámbito de actuación comprende as rúas Barcelona, Entrepeñas entre avenida das Conchiñas e rúa Cuba, República Dominicana, un tramo da rúa Cuba, un tramo da avenida das Conchiñas, rúa Corcubión, Alcalde Lens e Andrés Gaos.
A rúa Barcelona experimentará a maior transformación, xa que se potenciará como espazo de uso peonil, eliminando a iluminación central e renovando todo o mobiliario urbano. Así, iluminarase dende as fachadas dos inmobles e substituiranse os farois por outras de maior rendemento. A iluminación xeral da zona completarase con iluminación localizada nos alcorques das árbores e nos bolardos das interseccións. O obxectivo é presentar esta rúa o máis diáfana posible, con bancos e papeleiras novos.
Doutra banda, a Xunta de Goberno aprobou a modificación dunha cláusula do prego de contratación do servizo de conservación e mantemento dos mercados municipais. Polo tanto, ábrese un novo proceso de adxudicación.