Buscador

Información > 

Programas > 

Talleres de iniciativas empresariais

Talleres de iniciativas empresariais

Colectivo ao que vai dirixido:

Persoas emprendedoras cun proxecto.

Obxecto:

Formación dirixida a persoas emprendedoras e a novas empresas.

Organiza: Área de Emprego e Empresa.

O Departamento de Promoción Económica convoca periodicamente programas formativos dirixidos a todos aqueles emprendedores que teñen unha idea empresarial e queren levala a cabo ou ben que crearon recentemente a súa empresa. 

Este programa consta de seminarios de curta duración en materias de interese no mundo do emprendemento, ten como finalidade mellorar e ampliar os coñecementos dos/as emprendedores/as nas distintas áreas de xestión empresarial e asesorar e titorizar os seus proxectos.

Ao longo do ano póñense en marcha diferentes seminarios que tratan de distintos temas como a análise e o diagnóstico inicial dunha idea de negocio, posta en marcha e seguimento dunha iniciativa empresarial e outros aspectos como mercadotecnia, fiscalidade, financiamento, axudas e subvencións, confección do plan de empresa etc.

O programa está deseñado por módulos para facilitar a asistencia aos/ás emprendedores/as aos seminarios de forma que poidan asistir a aqueles que máis lles interesen sen necesidade de realizar o ciclo completo de formación.

Publicitaranse periodicamente os seminarios que se impartirán dentro deste programa, así como calendario, horarios, inscricións... para calquera aclaración dirixirse ás propias instalacións do Centro Municipal de Emprego, chamar ao teléfono 981 184 399 ou a través da web municipal.

Eventos

© Concello da Coruña

Información RSS