Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Coliseum

Exterior do Coliseum.
  • Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña
  • 981 134 450
    981 134 534
  • 981 136 001
  • imce@coruna.es
  • Horario de despacho de entradas: 2 horas antes de cada espectáculo n'O Túnel nos espectáculos do Coliseum dende as 17 h.
    Despacho central: praza de Ourense. De luns a venres de 9.30 h a 13 h e de 16.30 h a 19.30 h.
    Venda telefónica: 902 504 500.
    Compra por Internet SERVINOVA

Este emblemático edificio, situado no acceso principal da cidade e con deseño vangardista, acolle todo tipo de espectáculos musicais, eventos deportivos, de lecer, asembleas e feiras sectoriais, e é en tempada a Praza de Touros da cidade.

O Coliseum foi inaugurado o 19 de maio de 1991 e desde entón converteuse na sede dos grandes espectáculos que se celebran en Galicia, e pioneira en España como recinto multiusos.

DATOS DE INTERESE
Trátase dun edificio singular pioneiro en canto á súa concepción e polivalencia funcional. A súa base é circular, dispoñendo dunha altura máxima ao arco da cuberta de 32,50 m.
Pista central (1.900 m2) para usos múltiples (cancha deportiva, praza de touros, auditorio para macroconcertos, salón de baile multitudinario, feiras de mostras).
Aforamento para concertos: 11.000 persoas.
Cabinas de ensaio para músicos locais.

Pódese atopar nas seguintes categorías: