Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2015

Plan de Mobilidade de #Coruña21, información para a cidadanía

A sétima edición do medio maratón prepara un amplo dispositivo de tráfico para que os veciños da cidade herculina poidan gozar da competición e que esta cause as menores incomodidades ao tráfico.

#Coruña21 realiza este sábado a súa sétima edición con 2509 corredores confirmados e estrea novo circuíto dunha soa volta. A proba comezará ás 09.55 horas na categoría adaptada de handbikes e ás 10.00 horas o outro medio maratón e ambos comezarán no Parrote. O trazado, homologado pola RFEA, será dunha soa volta pasará pola Marina, Cantóns, Praza de Ourense, Linares Rivas, Primo de Rivera, Palloza, Avenida do Exército, Ramón y Cajal, avenida Salgado Torres, rotonda de Lonzas, e volta por Salgado Torres, Ramón y Cajal, Alcalde Marchesi, Ronda de Outeiro, estrada do Porto, rotonda de Oza, estrada do Porto, avenida do Exército, Palloza, Primo de Rivera, Linares Rivas, praza de Ourense, praza de Mina, Juana de Vega, praza de Pontevedra, avenida Barrié de la Maza, avenida Buenos Aires, praza de Portugal, paseo de Ronda, Esclavas, Manuel Murguía, paseo de Ronda, San Roque de Afuera, Gerardo Porto, Millennium, Gerardo Porto, San Roque de Afuera, paseo de Ronda, Escravas, paseo de Ronda, avenida de Buenos Aires, Barrié de la Maza, paseo marítimo, rotonda Adormideras, paseo marítimo, Ánimas e O Parrote.

O dispositivo de tráfico manterase dende as 09.30 horas ante as 13.00 horas. Cortarase o sentido de circulación que discorre pegado ao mar no trazado entre a glorieta da Torre e a do Millennium. Así mesmo, en sentido contrario estará aberto dende Rexedor Somoza en dirección Torre de Hércules, ata a Avenida de Navarra.

Ademais, dende a glorieta de Adormideras ata o Instituto Oceanográfico facilitarase un carril en cada sentido de circulación, pola zona máis próxima ao mar para residentes de Adormideras, mentres que a outra calzada estará cortada. Por estes carrís non poderán circular autobuses nin camións.

Mentres, a Ronda de Outeiro e a de Nelle estarán abertas en ambos os sentidos de circulación na súa totalidade e tamén se manteñen abertas ao tráfico a avenida de Finisterre e a rúa de Juan Flórez. O enlace entre a praza de Pontevedra e San Andrés poderase realizar a través do túnel da praza de Pontevedra.

Dende a Concellería de Mobilidade recoméndase evitar, na medida do posible, o uso do vehículo particular na zona afectada polo medio maratón e, en caso de necesidade, recomenda utilizar os seguintes itinerarios:

  • Acceso á Cidade Vella e Monte Alto: por Alfonso Molina, Linares Rivas, Cantóns, Porta Real, paseo da Dársena, paseo do Parrote, Sir John Moore, Maestranza, Metrosidero e Orillamar. Tamén se poderá empregar a Rúa Nova cara ao paseo marítimo.
  • Saída Cidade Vella e Monte Alto: por rúa da Torre, praza de España. Baltasar Pardal Vidal, Campo da Leña. Metrosidero. Maestranza, Sir John Moore. paseo do Parrote, paseo da Dársena, Porta Real, Marina, Cantóns e Linares Rivas cara a Alfonso Molina.
  • Acceso a Ensanche e Pescadería:

- AC-11 (avenida de Alfonso Molina), Castiñeiras e Federico Tapia.

- Dende Monelos, por rúa Caballeros, Marqués de Amboage, Enrique Hervada, Castiñeiras, Federico Tapia.

- Por Avenida de Finisterre e Juan Flórez.

  • Saída de Ensanche: estará habilitado o carril dereito dende praza de Ourense ata a avenida de Alfonso Molina.
  • Saída de Pescadería: San Andrés, Santa Catalina, Cantón pequeno.

Ademais, con motivo da realización da carreira, entre as 10.00 e as 12.30 horas, produciranse as seguintes afeccións no servizo de transporte urbano:

  • As liñas 3, 3A e 7 circularán dende Paseo de Ronda por avenida da Habana, praza de Portugal e Alfredo Vicenti, entrando ao túnel, xunto ás liñas 4, 6, 6A e 11, saíndo a Juana de Vega con xiro obrigatorio a Durán Loriga, rúa Huertas e San Andrés, onde se reincorporan ao seu itinerario habitual cara a Monte Alto.
  • As liñas 1, 1A, 2, 5, 17, 23 e 23A procedentes da zona de Catro Camiños, e con sentido de circulación cara a Porta Real, serán desviadas en Catro Camiños cara a Enrique Hervada, Castiñeiras, Viaduto de Alfonso Molina e praza de Ourense, continuando polo carril habilitado na zona dos Cantóns.
  • As liñas 5 e 17 continuarán por Maestranza cara a Adormideras e avenida de Hércules, respectivamente; as demais liñas (1, 1A, 2, 23 e 23A) non poderán acceder á Praza das Ánimas (San Antón) polo que realizarán o xiro no illote situado fronte ao Reitorado.
  • En sentido contrario de circulación, tanto as liñas procedentes de Porta Real (1, 1A, 2, 23 e 23A) como as de Hércules (4, 5, 6, 6A e 11) circularán polos seus itinerarios habituais. As procedentes de Hércules virarán en San Andrés cara a Santa Catalina, conectando coas de Porta Real fronte ao Banco Pastor, onde incorporarán ao carril habilitado para permitir o acceso a Alfonso Molina cara a Pajaritas, onde cambiarán o sentido de marcha para dirixirse a Catro Camiños, dende onde cada unha delas reincorporarase ao seu itinerario habitual.
  • O itinerario da carreira discorre por Ramón y Cajal, cruzando Xeneral Sanjurjo cara a Salgado Torres e Lonzas. O regreso será novamente por Salgado Torres e Ramón y Cajal, pero sen afectar a intersección con Xeneral Sanjurjo xa que á altura de El Corte Inglés os corredores incorporaranse á rúa Alcalde Marchesi, continuando pola rúa Pose cara á glorieta de Ronda de Outeiro con Avda. do Exército. Por conseguinte manterase aberto á circulación a intersección de Xeneral Sanjurjo con Ramón y Cajal (en sentido Catro Camiños - Os Castros e viceversa) o maior tempo posible. Dende o momento en que se corte a intersección, as liñas con dirección Castros.
  • Catro Camiños (2, 12, 14, 17 e 22), desviaranse na Gaiteira por Ronda de Outeiro, Pérez Ardá e Caballeros para incorporarse en Catro Camiños aos itinerarios mencionados anteriormente. En sentido contrario as liñas 1, 2, 12, 17 e 20 desviaranse dende Catro Camiños a Caballeros, Pérez Ardá, Ronda de Outeiro e Gaiteira, onde retomarán o seu itinerario habitual. Dende Os Castros, a liña 14 circulará por Xeneral Sanjurjo; no momento de corte de Ramón y Cajal, farao tamén dende A Gaiteira por Ronda de Outeiro, Pérez Ardá e Caballeros, cambiando o sentido de marcha en Catro Camiños, retomando o seu itinerario na parada da cafetería Remanso.
  • Como a carreira vai transitar por Salgado Torres, cambiando de sentido nas inmediacións da glorieta de Lonzas, resultarán tamén afectadas as liñas 12A, 21, 22, 23 e 23A. A 12A e a 22 non poderán circular dende a Estación de Ferrocarril por Xeneral Rubín a Salgado Torres, polo que o farían por Joaquín Planells á glorieta de Eduardo Diz para continuar pola avenida de San Cristóbal ata O Birloque, onde retomarían o seu itinerario habitual. As demais liñas (21, 23 e 23A), en sentido cara a Novo Mesoiro circularán dende Catro Camiños por San Pedro de Mezonzo, Marqués de Figueroa, estación de ferrocarril, Joaquín Planells, glorieta de Eduardo Diz, avenidade San Cristóbal e O Birloque, onde retomarán o seu itinerario habitual. En sentido contrario de circulación, ata a apertura de Salgado Torres deberán facelo dende O Birloque pola glorieta de Lonzas, Avda. de San Cristóbal, Blanco White, Joaquín Planells, Estación de Ferrocarril, praza de Monforte e Catro Camiños, continuando logo por Enrique Hervada e Castiñeiras, dende onde a liña 21 seguirá por Federico Tapia cara a Juan Flórez,10. Pola súa banda as liñas 23 e 23A dende Castiñeiras continuarán polo viaduto de Alfonso Molina e Praza de Ourense cara ao illote situado fronte ao Reitorado, onde farán o cambio de sentido.
  • As liñas 22 e 24, dende Catro Camiños circularán por Castiñeiras, Federico Tapia e, ao non poder acceder á cabeza de liña en praza de Pontevedra, farano en Juan Flórez, 10.
  • Durante o tempo que dure a carreira non estarán operativas as paradas de: praza de Pontevedra, 8; praza de Pontevedra, 11; praza de Pontevedra, Feminino; praza de Pontevedra, Deportivo e Juana de Vega. En todas elas instalaranse notas informativas propoñéndolles aos usuarios a de Juan Flórez, 10 como parada alternativa.

#Coruña21 quere con este Plan de Mobilidade ofrecerlle á cidadanía da urbe herculina as mellores facilidades no día da carreira, para que poidan gozar da competición que reunirá 2509 atletas, récord de participación, e mitigar, na media do posible, a súa incidencia no tráfico da cidade.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión