Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xuño de 2014

Algúns dos seus circuítos presentan novidades, especialmente nas categorías de menores.

A VII Baixada Popular de San Pedro de Visma presenta os seus percorridos

O próximo 29 de xuño realizarase unha das carreiras máis consolidadas de todas as que compoñen o circuíto municipal Coruña Corre, a VII Baixada Popular de San Pedro de Visma. Algúns dos seus circuítos presentan novidades, especialmente nas categorías de menores.

A cuarta cita do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre corresponde á Baixada Popular de Cros San Pedro de Visma, a cal ten o mérito de ser a máis lonxeva das probas incluídas no calendario. O traballo conxunto entre Asociación de Veciños Loureiro de Visma, Club Riazor Coruña e Concello deron a luz os percorridos correspondentes a cada unha das categorías, os cales presentan algunha novidade con respecto a edicións anteriores, especialmente nas categorías de menores, onde se equipararon as distancias co resto de carreiras do circuíto.

Na proba absoluta a distancia para percorrer será aproximadamente 6.490 metros. A saída producirase ás 10.30 horas á altura do centro cívico, dende o corazón do barrio, para dende alí iniciar a subida sempre en dirección ao Parque de Bens. Unha vez no interior do parque prodúcese o cambio de asfalto a terra, outra das particularidades deste circuíto. Tras percorrer aproximadamente tres quilómetros e medio polos seus sendeiros iníciase a verdadeira Baixada con case dous Km. descendentes ata a meta.

En canto á categoría cadete e xuvenil, cuxa saída está prevista cinco minutos máis tarde cá absoluta, partirán dende o mesmo punto e percorrerán 2.300 metros, nun tramo de ida e volta que os levará ata o aparcadoiro do Parque de Bens.

Ás 11.40 horas será a quenda da categoría infantil debendo realizar dúas voltas a un circuíto de 800 metros. Alevíns e benxamíns a continuación só necesitarán dar unha volta sendo as súas saídas ás 11.55 e 12.10 horas.

Concluirán as carreiras coa saída dos pitufos ás 12.25 horas, os cales deberán percorrer unha recta de 150 metros dentro do propio barrio. Nesta categoría, como adoita ser habitual, efectuaranse tantas saídas como sexan necesarias segundo o número de participantes.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión