Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2014

Presentamos a medalla "finisher" que te espera na meta de Coruña42

Xa podemos mostrarvos o cobizado tesouro que obterán todas as persoas corredoras que crucen a liña de meta de Coruña42. A edición do 2014 presenta a súa nova medalla "finisher", un lingote dourado que certificará o voso paso polo Maratón Atlántica, o cal merece un respecto.

A prezada medalla de Coruña42 mostra por fin a súa cara aos valentes que sexan capaces de completar a proba. A medalla finisher desta edición mantén un deseño orixinal e vangardista con forma rectangular, que recorda a un lingote dourado, a diferenza do rombo do ano pasado. Así mesmo, permanece o símbolo máis representativo da cidade, como non podía ser outro, que é a Torre de Hércules baixo unhas nubes que caracterizan o noso Maratón Atlántica coa lenda “Aquí corremos así”. A cor dourada da medalla combina perfectamente co negro da cinta que leva inscrito o lema “Coruña se mueve”. Sen dúbida, os corredores terán unha motivación extra para completar os 42.195 metros de Coruña42.

A experiencia de completar un maratón e colgarse a medalla que o acredita é unha sensación única e inesquecible. É a culminación dun soño cumprido e do traballo de moitos adestramentos, por iso a presea recibida ten que estar á altura das circunstancias, e Coruña42 é consciente diso. A medalla do Maratón Atlántica reúne todos os requisitos para ocupar un lugar preferente na nosa casa: beleza, deseño e sentimento. Todos os corredores que completen os 42.195 metros de Coruña42 o domingo 27 de abril e crucen a meta antes do remate da proba (5 horas e 30 minutos) despois da saída que se dará ás 9.00 da mañá, recibirán este precioso metal.

Ademais, unha vez finalizada a carreira os corredores terán a oportunidade de personalizar gratuitamente a súa medalla co seu nome e a súa marca realizada no reverso nunha carpa habilitada para iso, converténdoa, aínda máis, en algo moi especial. O domingo 27 de abril, levar orgullosamente colgada a presea “finisher” do Maratón Atlántica dará significado a tantas horas de sacrificio e preparación. Aquí corremos así!

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión