Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2014

As camisetas de Coruña42 e 10K, a marcar a diferenza

Presentamos as elásticas oficiais da III edición do Maratón Atlántica, que forman parte da nosa identidade corporativa e axudarannos a distinguirnos doutras carreiras. Todos os atletas, tanto da Coruña42 como da 10K, recibirán unha e esta estará personalizada en función da competición, aínda que o eixo central será o lema reclamando o respecto que merece unha carreira a beiras do Atlántico.

As camisetas oficiais das carreiras son sempre un sinal de identidade das probas que representan, e nesta terceira edición de Coruña42 creamos unha elástica que reflicta os valores que identifican tanto o Maratón Atlántica como a súa 10k. Con este motivo, e seguindo a liña das bandeirolas e mupis xa instalados na cidade herculina dende hai unhas semanas, empregaranse dous lemas diferentes en función da competición.

No caso dos atletas que concorran a Coruña42 na parte posterior da elástica rezará “Yo corro la Atlántica, un respeto”, mentres que no caso da 10K a frase empregada será “Yo corro los 10k de la Atlántica, un poco de respeto”. Mentres, na parte dianteira figurará a icona da proba coa data (27.04.14) da carreira e o lema icónico “Aquí corremos así” que mantén viva a marca Maratón Atlántica. Ademais, as costuras serán visibles, a diferenza da camiseta dos 10K.

Todos os corredores que participen en Coruña42 recibirán unha camiseta, xunto á bolsa do corredor, no momento no que recollan o seu dorsal. A apertura do prazo para a súa recollida coincidirá coa da Exporunning, prevista para o vindeiro venres día 25 ás 17.00 horas. Ese día o prazo para a recollida de dorsais será ata as 22.00 h. Así mesmo, tamén se habilitará un horario ininterrompido o sábado día 26 dende as 10.00 ata as 22.00 horas para ese mesmo efecto.

Coruña42 quere nesta terceira edición recoñecer o valor destes heroes anónimos do asfalto que son os seus corredores e espertar neles o orgullo por tomar parte tanto no Maratón Atlántica como na 10K. Un sentimento de satisfacción por participar nunha competición, de pertenza a algo grande, unha gran festa do deporte que se vivirá na Coruña o vindeiro domingo 27 de abril.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión