Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de marzo de 2014

Comparte unha sesión con Paula Mayobre e Andrés Díaz.

Non importa cal sexa o teu nivel nin obxectivo. Tanto se vas a polos 6 Km. da popular da Torre o 29 de marzo, a polos 10K de Coruña42, ou a polo gran reto do Maratón Atlántica o 27 de abril, Paula Mayobre e Andrés Díaz terán consellos para ti. Os dous atletas impartirán un adestramento orientado a todos os corredores populares o vindeiro sábado día 22 na Praza da Cubela, detrás de El Corte Inglés. O Concello da Coruña e El Corte Inglés organizarán esta sesión.

Son varias as citas para correr que temos no horizonte, e adaptadas para todos os niveis e todos os gustos. Os 6.515 metros da Popular da Torre do 29 de marzo representan un desafío alcanzable. Esta proba, integrada no Circuíto Coruña Corre reúne nestes momentos a case 3200 participantes, cifra que aínda pode aumentar ata o remate de inscricións o vindeiro martes 25 ás 23.30 horas. O seguinte encontro co running na cidade, ordenados por data e criterio de dificultade, localizámolo o 27 de abril, xa que todos e todas as que queirades vivir o ambiente do Maratón Coruña42 poderédelo facer coa súa carreira 10K paralela. Por suposto ese mesmo día será o sinalado para o gran reto que é correr o 42,195 Km. dun Maratón Atlántica, único homologado en Galicia e referencia no noroeste peninsular.

Todas as propostas teñen algo en común, as necesarias horas de dedicación ao adestramento, e para iso queremos axudarvos. Despois da boa acollida da primeira clase maxistral impartida por Andrés Díaz e Yolanda Gutiérrez, o Concello, a través da Concellería de Deportes, e El Corte Inglés, propoñémosvos unha nova oportunidade. O vindeiro sábado 22 de marzo teremos a segunda sesión mestra dirixida por Paula Mayobre e Andrés Díaz. Ao palmarés de todo un recordman de Europa como Andrés, unimos esta vez a outra das atletas de referencia no panorama galego e nacional coa presenza de Paula. A corredora natural de Ares viu cumprido un soño recentemente coa creación da Escola Deportiva de Atletismo Paula Mayobre, co que demostra a súa ilusión polo atletismo e por compartir os seus coñecementos.

Ambos dirixirán un adestramento matinal (11.00 horas) na Praza da Cubela (detrás de El Corte Inglés), aberto a todos os atletas populares que desexen mellorar e aprender con dous dos mellores corredores galegos nun ambiente lúdico. Todos os que desexen participar deberán enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es . A actividade é gratuíta e todas as persoas participantes recibirán como obsequio unha camiseta.

Unha oportunidade inigualable de participar nun adestramento con grandes atletas galegos, e gozar da unión de corredores amateurs con outros de primeira liña nun calendario que se repetirá na preparación de cada unha das nosas grandes carreiras.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión