Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xaneiro de 2014

A Coruña acolle a única carreira galega do circuíto ‘Sanitas MARCA Running Series’ con distancias de 5 e 10 quilómetros

A proba terá lugar este domingo, 19 de xaneiro, e sairá da praza de María Pita ás 10.00 horas. Xa se inscribiron máis de 1.300 corredores nesta iniciativa que se une ao programa de carreiras populares que deseñou o Concello para fomentar o deporte.

O Concello, a través da Área de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que a cidade acollerá este domingo 19 de xaneiro a partir das 10.00 horas a carreira Sanitas MARCA Running Series da Coruña, aprazada o pasado mes de xullo polo accidente ferroviario de Angrois.

A proba, que xa pasou por dez cidades españolas, terá saída e chegada na praza de María Pita, na única cita en Galicia. Inclúe distancias de 5 e 10 Km, segundo a elección dos corredores, nun circuíto apto para todos os públicos e perfecto para aqueles que busquen mellorar os seus ritmos de carreira.

O prazo de inscrición remata o venres 17 de xaneiro ás 15.00 horas ou ao esgotarse os 2.000 dorsais dispoñibles para a carreira. As inscricións pódense realizar na páxina web www.carreraspopulares.com e en www.championchipnorte.com; ademais de nas páxinas www.sanitasmarcarunningseries.com; www.ticketsport.es; e www.runin.es. Admitiranse inscricións o día da carreira, na zona de saída ata 45 minutos antes do inicio da proba, sempre e cando queden dorsais. O prezo da inscrición é de 10 euros e poden participar maiores de 16 anos.

O dorsal poderase recoller o sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 na praza de María Pita. Ademais, os atletas dispoñerán dunha serie de servizos complementarios. Así, haberá un servizo de gardarroupa xunto ao arco de saída e todas as persoas participantes dispoñerán dunha bolsa do corredor que inclúe, entre outros elementos de utilidade, bebidas isotónicas, zumes ou auga.

A participación de todos os corredores servirá para sumar quilómetros ao proxecto Win4youth, unha iniciativa do Grupo Adecco que xurdiu no 2010 co obxectivo de recadar fondos para axudar a integrar a mozos de contornas difíciles no mundo laboral. Todos os quilómetros percorridos por cada equipo transformaranse en dólares, que serán doados a varias fundacións e ONGs internacionais.

Esta iniciativa únese ao programa de carreiras populares que deseñou a Concellería de Deporte coa intención de fomentar o deporte e involucrar as asociacións veciñais e clubs da cidade e que contou cunha grande aceptación na cidade, ofrecendo unha nova oportunidade de correr nun mes de xaneiro con menos actividade. Será a antesala da próxima carreira do circuíto Coruña Corre que se realizará o vindeiro 1 de febreiro.

Documentos:

Regulamento Sanitas Marca Running Series (127 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión