Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2013

Case 300 equipos no Circuíto de Carreiras Populares

200 familias e 80 equipos mixtos inscribíronse xa para participar conxuntamente nas carreiras do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, o que lles permitirá aos atletas que os integran unha motivación extra e diferente para afrontar cada unha das probas do calendario.

Co peche das inscricións para a cita do domingo en Novo Mesoiro púxose punto final tamén ao prazo para formalizar, por esta temporada, a participación na categoría de familias e equipos mixtos. Unha vez realizado o reconto final serán arredor de 300 (200 familias e 80 equipos mixtos) os conxuntos que participarán nas probas que restan do circuíto, a próxima o domingo día 3 no moderno barrio coruñés. A mobilización das sagas familiares foi espectacular porque isto significa que case un terzo dos inscritos correrán non só para sumar puntos a nivel individual senón tamén para acumulalos aos obtidos polo resto dos seus parentes. No caso dos equipos mixtos, categoría que se estrea esta temporada, tamén é significativo que arredor de 300 corredores agrupáronse en escuadras de tres ou catro corredores e corredoras para participar en Coruña Corre.

Dada a complexidade de avaliar os resultados de tantos equipos, unido a algúns defectos de forma na inscrición dalgúns deles, a organización decidiu non facer públicas as clasificacións ata despois da proba de Novo Mesoiro. Deste xeito na clasificación xa estarán incluídos todos os equipos participantes e os seus resultados, ben coa puntuación obtida nas dúas primeiras probas (Os Rosales e Mesoiro) ou só na segunda no caso dos inscritos ao longo dos últimos quince días. Hai que lembrar que se rexeitan os dous peores resultados da temporada, así que os equipos que se inscribiron despois dos Rosales terán as mesmas oportunidades para gañar a competición aínda que, se é o caso, só poderán descartar un resultado porque o outro será o non ter puntuado nos Rosales.

Á marxe desas clasificacións e resultados finais, o que pon de manifesto esta participación nas competicións por conxuntos é que na Coruña córrese en familia ou en equipo e que o hábito saudable de correr xa non é, nin moito menos, un deporte individual.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión