Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de outubro de 2013

Deseñados os percorridos en Novo Mesoiro

Ademais do percorrido de 7 quilómetros para as categorías de adultos, os menores dispoñerán de trazados adaptados ás súas características, dende os 150 m aos 2.350, nunha intensa mañá de competición e diversión en Novo Mesoiro co Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre.

O vindeiro domingo día 3 ás 10.00 h darase o pistoletazo de saída á III Carreira Popular de Novo Mesoiro, memorial Iván Rocha Freire. Dende ese momento os atletas terán por diante 7.000 metros distribuídos nun circuíto que comeza e remata no polideportivo do moderno barrio coruñés e ao que deberán dar dúas voltas. Tras saír da rúa Os Ancares, os deportistas afrontarán unha longa subida ata a parte alta do barrio pola avenida de Novo Mesoiro e a rúa Fragas do Eume para baixar pola Ribeira Sacra. Completado o primeiro quilómetro e medio regresarán ao momento intermedio dese percorrido inicial para virar á esquerda pola rúa Illa de Sálvora e percorrer o exterior do barrio a través do parque. Na intersección da rúa Os Ancares coa avenida de Novo Mesoiro comezarán a segunda volta ao trazado antes de percorrer os últimos metros ata as proximidades do pavillón, onde estará instalada toda a infraestrutura da carreira. Pola configuración do barrio, nun lugar elevado e en costa, o percorrido será esixente para os máis de 1.000 atletas que tomarán a saída nesta segunda cita do calendario do Circuíto de Carreiras Populares.

O mesmo trazado, recortado en distancia e con só unha volta, será o que completen os atletas menores que se dean cita en Mesoiro. No seu caso aforrarán a subida ao último tramo da avenida central do barrio e o paso polas rúas Fragas do Eume e Ribeira Sacra. Deste xeito, o circuíto queda nunha lonxitude aproximada de 2.350 m para os xuvenís e cadetes ás 11.25 h. Desa categoría para abaixo os corredores xa non terán que saír da zona do pavillón á avenida principal, e o trazado quedará configurado dentro da Rúa Os Ancares, cunha lonxitude de 800 m. Dúas voltas daranlle os infantís a partir das 11.50 e uns volta alevíns e benxamíns ás 12.05. A continuación os pitufos correrán nun circuíto de 150 metros ás portas do polideportivo para poñer punto final a unha mañá de domingo na que o atletismo será protagonista en Novo Mesoiro.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión