Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de outubro de 2013

O atletismo popular desborda Os Rosales

O dobre de corredores que hai un ano cruzaron a liña de meta dos Rosales demostrando que o atletismo popular séguese estendendo pola cidade graza a iniciativas como CoruñaCorre. Abdelkader Bouguerroudj e Paula Mayobre foron os vencedores absolutos da primeira das probas do circuíto, que continuará o próximo día 3 coa segunda cita en Novo Mesoiro.

1.314 atletas de todas as categorías, dende pitufo ata veteranos 4, cruzaron a liña de meta do Paseo Manuel Azaña nos Rosales, unha cifra que supera en máis do dobre aos 603 que o fixeron hai un ano na mesma proba. Con estas cifras a estrea do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre volveu converterse nunha auténtica festa en familia na que participaron corredores de todas as idades. A vitoria absoluta foi para o atleta do Riazor Coruña Abdelkader Bouguerroudj cun tempo de 21.56, por diante dos deportistas do Coruña Comarca Roberto Vales (22.49) e Lino Seoane (23.05). En categoría feminina o triunfo foi para Paula Mayobre (23.23) do Bikila por diante de Uxía García (26.13) do Riazor e María Cristina Santiago (27.49) do Club Social Banco Pastor. Foron os máis rápidos en completar os case 6.500 metros do percorrido polo barrio dos Rosales e a súa contorna do Paseo Marítimo. Unha vez que os 821 (dos 827 que tomaron a saída) cruzaron a liña de meta, chegou a quenda para os máis pequenos, dende categoría xuvenil ata pitufos. 64 cadetes e xuvenís, 48 infantís, 164 benxamíns e alevíns e 217 pitufos completaron os diferentes trazados deseñados para eles, todos dentro xa do barrio. Á conclusión, tras o seu paso polo avituallamento de Begano, Gadis e Forno SanBrandán, que xunto con Viajes El Corte Inglés, patrocinan a proba, levouse a cabo a entrega de medallas. Mencía Paseiro, que onte cumpriu 10 meses e Jesús Montero, aos seus 73 anos, como a máis pequena e o maior dos participantes subiron a un pódium no que tamén recibiron as súas medallas:

Cadete masculino

  1. Jorge Sierra (8:55)
  2. Anteneh Agulló (9:11)
  3. Yago Pazos (9:14)

 

Cadete feminino

  1. Aida Martínez (9:41)
  2. María Sexto (10:51)
  3. Paula Fonticoba (11:10) 

 

Xuvenil masculino

  1. Gabriel Rodríguez (8:47)
  2. Óscar Herbón (9:11)
  3. Rubén Buceta (9:11) 

 

Xuvenil feminino

  1. Paula Iglesias (10:27)
  2. Candela Patiño (10:37)
  3. Ana Martínez (11.10)

 

Júnior masculino

  1. Ramón de las Heras (27:06)
  2. Isaac Barja (28:06)
  3. Álex Renedo (31:56)

 

Júnior feminino

  1. Ruth Seoane (29:47)
  2. Andrea Martínez (30:24)
  3. Rocío Patiño (41:47):04)

 

Promesa masculino

  1. Rubén Vázquez (27:08)
  2. Javier Villamisar (28:04)
  3. Ramón Ismael Lucero (28:17)

 

Promesa feminino

  1. Uxía García (26:13)
  2. Marina Castro (34:11)

 

Sénior masculino

  1. Antonio Teijido (23:38)
  2. Ernesto Sobrino (23:47)
  3. Pablo Noche (23:59)

 

Sénior feminino

  1. Paula Mayobre (23:23)
  2. Mª Cristina Santiago (27:47)
  3. Eusebia Maldonado (28:13)

 

Veteranos 1 masculino

  1. Abdelkader Bouguerroudj (21:56)
  2. Roberto Vales (22:49)
  3. Javier Seoane (23:20)

 

Veteranos 1 feminino

  1. Felicidad López (28:22)
  2. Elisa CObelo (31:10)
  3. Raquel Armesto (31:40)

 

Veteranos 2 masculino

  1. Lino Seoane (23:05)
  2. Aziz Zirani (24:13)
  3. José Luis Prado (24:26)

 

Veteranos 2 feminino

  1. Montserrat Hernández (29:40)
  2. María do Carmen Louzao (30:13)
  3. María Luisa López (30:21)

 

Veteranos 3 masculino

  1. José Antonio Martínez (24:40)
  2. Julián José Gesto (25:28)
  3. Jesús Vázquez (25:58)

 

Veteranos 3 feminino

  1. Elena Sierra (32:06)
  2. Rosa Sierra (32:06)
  3. Silvia Sánchez (35:21)

 

Veteranos 4 masculino

  1. Domingo Álvarez (28:34)
  2. Antonio Hernández (29:33)
  3. Antonio Remuiñán (35:12)

 

Veteranos 4 feminino

  1. Mariluz Sanmartín (30:52)
  2. María Luisa Armesto (31:40)
  3. Pilar Marquiz (33:25)

 

Especial masculino

  1. Manuel Amado (28:46)
  2. Eduardo Núñez (31:33)
  3. Juan Manuel Pérez (35:44)

 

Todos os tempos totais e netos, así como o vídeo de chegada, pódense consultar a través deste enlace. Os atletas que queiran participar no circuíto ou formar equipo mixto aínda están a tempo de facelo se se inscriben para correr as cinco probas que restan, antes da segunda carreira, a do próximo domingo día 3 en Novo Mesoiro.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión