Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2013

Última hora Gala Coruña Corre

Estimados corredores/as, a todos os que confirmastes a vosa asistencia á Gala de Entrega de Premios da I Edición do Circuíto Coruña Corre, informámosvos de que poderedes retirar a entrada no vestíbulo principal do Ágora en horario de 18.30 a 19.45 horas, ata 15 minutos antes do comezo da gala. Unha vez recollida a entrada, poderedes retirar a camiseta conmemorativa do circuíto, dende as 18.45 ata as 19.45 e unha vez finalizada a gala.

O venres 27 ás 20.00 h no salón de actos do Centro Sociocultural Ágora realizamos a Gala de clausura do I Circuíto Coruña Corre. Continuamos coa información que vos ofrecemos a pasada semana coas categorías sénior, veteranos e discapacidade, así como os premios especiais, como son a familia con media de idade máis alta, o club con máis inscricións ao longo das carreiras, a familia con maior número de participantes. A esta entrega de trofeos unirase a entrega dun obsequio a todos aqueles participantes que finalizasen as 6 carreiras do circuíto.

  • Categoría Sénior Feminino: 1ª Mª Cristina Santiago Martínez, 2ª Eusebia Maldonado, 3ª Karina Callon Treus
  • Categoría Sénior Masculino: 1º Miguel Ángel Acosta Alcoba, 2º Óscar Pazos Barbeito, 3º Roberto García Pazos
  • Categoría Veteranas Feminino 1: 1ª Raquel Armesto Pinedo, 2ª Carmen Salinas Varela, 3ª Susana Fernández Redondo
  • Categoría Veteranos Masculino 1: 1º Javier Seoane Puga, 2º Jorge Alejandro Rumbo Roel 3º Jose Antonio Abuin Treus
  • Categoría Veteranas Feminino 2: 1ª Purificación Fernández Campos 2ª Inés Papin Estévez 3ª Montserrat Hernández García
  • Categoría Veteranos Masculino 2: 1º Manuel Oliver Pérez López 2º Jesús Álvarez Chinchilla 3º Fco Javier Correa Piñeiro
  • Categoría Veteranas Feminino 3: 1ª Pilar Márquiz Hernández 2ª Silvia Sánchez Bascoy
  • Categoría Veteranos Masculino 3: 1º Emilio Martínez Anta 2º José Manuel Seoane Chas 3º Jose Antonio Méndez Pampín
  • Categoría Veteranas Feminino 4: 1ª María Luisa Armesto Miguel
  • Categoría Veteranos Masculino 4: 1º Domingo Álvarez Iglesias 2ª Antonio Hernández Barreiro 3ª Jose Gil García Díaz
  • Categoría Discapacidade Masculina: 1º Eduardo Núñez Iglesias 2º Juan Manuel Pérez Fernández
  • Club con máis inscricións no circuíto: Atletismo Riazor Coruña
  • Familia con media de idade máis alta: Antonio Hernández Barreiro – Montserrat Hernández García
  • Familia con maior número de participantes: Familia Armesto

Lembrarvos que todos os inscritos no circuíto recibirán como obsequio unha camiseta de recordo pola súa participación.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión