Concello da Coruña

Concello da Coruña

Viva a zarzuela - Gala Benéfica a favor de APEM

Zarzuela interpretada pola Coral Polifónica Santa María de Cambre

Cando:

17/01/2015

Xa rematou

Horario:

Ás 20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta con invitación.

Gala organizada pola Asociación Pro Enfermos Mentais APEM, que con?este espectáculo pretenden presentar ao público o labor da devandita entidade.

O espectáculo "Viva a zarzuela" correrá a cargo da Coral Polifónica Santa María de Cambre, que interpretará temas como "Esta mañana mu tempranito" de La rosa del azafrán, "Mazurca de las sombrillas" de Luisa Fernanda, "Mazurca" de El último romántico... temas de zarzuelas coñecidas como "Katiuska", "La del soto del Parral", "El rey que rabió", "La gran vía".

Esta coral nace no ano 1998 por iniciativa da Asociación da Terceira Idade de Cambre, e afírmase como asociación independente un ano máis tarde. Dende ese momento vén desenvolvendo un Certame de Polifonía e Habaneras coa Colaboración do Concello de Cambre, e dende hai tres anos tamén organiza o Certame de Primavera.

Dende o seu comezo está dirixida por Da. Luisa Armesto Ramón e é actividade habitual a colaboración desinteresada con distintas Ong.

Aínda que case todas as súas actuacións desenvólvense en territorio galego, tamén actuaron en Asturias e Portugal.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión