Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres de arte interactiva Wassily in Workshopland

Talleres dirixidos a todas aquelas persoas que queiran aprender novas técnicas e metodoloxías para crear as súas propias pinturas interactivas con electrónica.

Cando:

Dende o 21/11/2012 ata o 23/11/2012

Xa rematou

Horario:

Grupo2: 24 novembro: público en xeral, sábado de 12.00 a 14.00 horas.
Grupo3: 24 novembro: persoas maiores, sábado de 17.00 a 19.00 horas.
Grupo4: 30 novembro: estudantes e profesionais da arte, venres de 17.00 a 19.00 horas.

Enderezo:

Avda. de Arteijo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

O prezo do curso, matrícula incluída, será de 15 € e aboarase por anticipado.

Grupo2: 24 novembro: público en xeral

Grupo3: 24 novembro: persoas maiores

Grupo4: 30 novembro: estudantes e profesionais da arte

Un total de 2 horas de curso en 1 sesión de 2 horas.

A recente democratización tecnolóxica, xunto co crecemento da cultura hacker maker como extensión do movemento Faino ti mesmo (D.I.Y.) facilitou a aparición de novas ferramentas e materiais alternativos para a expresión plástica e visual xunto coa electrónica. A serie de talleres Wassily in Workshopland exploran as posibilidades artísticas deste novo contexto, co obxectivo de definir territorios creativos emerxentes na integración da arte e a tecnoloxía.
Este proxecto forma parte da investigación que está realizando a artista e educadora Paola Guimerans como parte do programa de residencias ArtistasMac impulsado polo museo. O seu traballo propón unha reflexión cara ás cualidades do artista interdisciplinario contemporáneo como artesán da electrónica e o seu entendemento desta como material para as artes e o deseño.
• Utilizar pinturas reactivas á calor combinándoas en técnicas pictóricas como a acuarela, o acrílico ou as técnicas mixtas para aprender a animar unha pintura ou debuxo.
• Aprender a realizar unha pintura interactiva a partir dunha serie de exercicios de teoría de cor e metodoloxías de traballo Faino ti mesmo (D.I.Y.), na que se utilizasen compoñentes electrónicos e materiais.
• Poñer en evidencia a influencia dos xuízos de valor, estético ou de calquera outro tipo, xa sexan propios ou alleos, como responsables en boa medida de condicionar e frear as nosas iniciativas creativas.
• Fomentar a creatividade e o manexo da teoría da cor utilizando un enfoque interdisciplinario. Iniciación a metodoloxías de fabricación de soft circuits –circuítos brandos- para a creación de proxectos de arte interactivos.
• Desenvolver a capacidade de innovación e estética contemporánea experimentando coas pinturas reactivas e materiais condutivos non tóxicos, tales como tintas, fíos ou teas.
• Aprender electrónica básica dun modo intuitivo e exploratorio. Achegamento a novos territorios creativos e técnicas para a integración da arte e da tecnoloxía.


Durante os talleres traballaremos en grupo compartindo os nosos coñecementos e dúbidas. Para realizar esta actividade, cada participante recibirá un kit cos compoñentes electrónicos básicos e materiais necesarios para aprender a realizar unha pintura interactiva. A partir da introdución de técnicas para a exploración da cor, a fabricación de soft circuits -circuítos brandos- e a utilización de persoais predeseñadas, os participantes implementarán interactividade e animación nas súas
pinturas.
Os talleres están dirixidos a todas aquelas persoas que queiran aprender novas técnicas e metodoloxías para crear as súas propias pinturas interactivas con electrónica.
Durante estes talleres, co obxectivo de achegarse á tecnoloxía dende a arte, analizaranse as pinturas máis representativas do artista Wassily Kandinsky e realizaranse unha serie de exercicios de composición de formas, cores ou texturas de acordo cos seus principios estéticos.
Para asistir aos talleres non é necesario ter coñecementos previos en electrónica.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión