Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: ERIN MOURE E MARÍA REIMÓNDEZ

Dúas escritoras con lexión de seguidores nos seus países mostrarannos como a poesía e a tradución son vasos comunicantes: Erin Moure dende o Canadá e María Reimóndez dende Lugo.

Cando:

01/12/2014, de 20:30 a 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Documentos:

Programa (558 KB)

Tradutora tanto de Rosalía de Castro como de Chus Pato, a anglófona Erin Moure é unha das autoras canadenses máis singulares, e as orixes galegas da súa familia levárona a abrazar a nosa lingua como unha nova e querida vía de expresión.

Por outra banda, a novelista, ensaísta e poeta María Reimóndez é tradutora de profesión, e traballou nas edicións galegas de Moure. A escritora feminista e fundadora da ONG "Implicadas no desenvolvemento" publicou o pasado ano nin máis nin menos que tres libros de poesía, e tamén foi a última gañadora dos premios Xerais de Novela e La Voz de Galicia de Novela por entregas.

O ciclo seguirá facendo unha decidida aposta polas librerías de barrio, que poñerán á venda en cada acto os títulos dos e das protagonistas. As persoas asistentes poderán levar, así, sinaturas dos autores nos exemplares dos seus libros.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión