Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición "Arde a rúa" de Miguel Trillo

As tribos urbanas toman A Coruña.

Cando:

Dende o 29/02/2012 ata o 25/05/2012

Xa rematou

Documentos:

Inauguracion_Arde-la-Calle_Agora.pdf (288 KB)

É a primeira vez que Miguel Trillo expón en Galicia unha panorámica da súa longa traxectoria.

Tupés e cristas, chupas de coiro e chaquetas de chándal, pelos osixenados e tinguidos, gorras e rastas, pantalóns caídos e pitillos, skates, cadeas de ouro, medias rasgadas, piercings e tatuaxes... as tribos urbanas toman Ágora. A exposición "Arde a rúa", do fotógrafo Miguel Trillo, mergúllanos no mundo dunha mocidade que, por encima de todo, busca a súa identidade. Nado en Jimena de la Frontera, Cádiz, en 1953, Miguel Trillo chegou a Madrid en plena eclosión da movida. Fascinado polo fervor musical do momento, comezou a seguir os grupos de moda de entón, pero axiña lles deu as costas aos artistas que estaban sobre o escenario, para enfocar o seu obxectivo no público dos concertos. "Decateime de que o espectáculo estaba aí". Pasaron máis de trinta anos e continúa traballando no seu ambicioso proxecto persoal, facer un mapa de cultura urbana a través da mocidade de todo o mundo, xa sexan punks, góticos, rockeiros, ravers, mods, skaters e bakalas. Todos eles rebélanse contra a vulgaridade e reclaman a berros a súa identidade particular. As 70 fotografías que se expoñen en Ágora, algunhas delas son imaxes inéditas tomadas en Galicia, reflicten un mundo global no que a mocidade de Londres, Pequín, Dubai ou A Coruña, dende os anos 80 aos nosos días, posan ante as cámaras, co xesto desafiante de "eu son tribo". "Arde a rúa" é un proxecto interactivo, cun blog no que os coruñeses poderán subir as súas propias fotografías relacionadas coas tribos urbanas e as tendencias na cidade e serán comentadas polo fotógrafo e o comisario. Arredor da exposición organizáronse numerosas actividades, como unha máster-class do autor con visionado de portfolios, visitas guiadas, concertos de bandas locais, unha intervención de artistas locais do graffiti ou un cinefórum sobre tribos urbanas. Non o perdas, ven coas túas mellores pintas.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión