A Coruña, cidade de mar, de sal e de area.

Fotografía de la Torre de Hércules desde el puente de mando del barco situado en la Casa de los Peces

Dous mil anos de historia contados un a un pola Torre de Hércules. Faro incansable e lendario que acendeu a súa luz para descubrir a gran cidade que moitos imaxinaran.

O océano abrázaa e non a quere soltar; celoso, de que outros descubran os segredos que agocha. Un Balcón do Atlántico dende o que podes imaxinar e soñar. Onde podes viaxar ao pasado por uns momentos; revivir sensacións perdidas coa súa historia, mitos e lendas; e regresar ao presente para coñecer a súa cara máis nova e emocionante. Para sentila, paseala e probala.

A que esperas para facelo?

Novas

05/03/2010 A Coruña álzase entre máis de 600 aspirantes como a cidade co son do mar máis fermoso do mundo
O premio foi outorgado pola cidade polaca de Slupsk e constituirá un novo recurso turístico para atraer visitantes. O primeiro tenente de alcalde anunciou a convocatoria dun concurso entre cidadáns e visitantes para que presenten os sons de diferentes escenarios e momentos do mar coruñés cun especial significado para eles.
25/02/2010 O Consorcio de Turismo e o Primeiro Tenente de Alcalde participan nas V Xornadas Aeroportos Rexionais que se están a celebrar en Girona

ver máis