Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Lector de contenidos

Carmela, a lectora de contidos do Concello da Coruña, está lendo o contido elixido.

EXPOCORUÑA - Recinto feiral da Coruña.

EXPOCORUÑA - Recinto feiral da Coruña.


EXPOCoruña é pensar diferente, descubra o novo espazo para expoñer as súas ideas, para montar a súa feira, o seu congreso, a súa reunión, para organizar un concerto ou un espectáculo... Dende o acceso principal ao atrio pasando polo auditorio, dous prismas, unha galería, con áreas para locais e oficinas comerciais, aulas, cafetería, restaurante aberto todo o ano, área de descanso-lounge área...



  • Área expositiva/interior e exterior/: 26.000 m2

  • Auditorio: 450 prazas

  • Aulas: 110 prazas

  • Aparcadoiro: 18.500 m2



Os nosos recursos á súa disposición…



Humanos



Organizadores profesionais de congresos, técnicos de protocolo e relacións públicas, azafatas, guías turísticos, intérpretes, técnicos de audiovisuais, persoal de vixilancia, persoal de limpeza, asistencia médica, fotógrafo.



Técnicos



Ordenadores persoais e periféricos, WI-FI, vídeo conferencia, telefonía liñas ADSL, liñas RDSI, fax, canón de luz, focos de luz escenario, proxectores de vídeo, diapositivas, documentos opacos, transparencias, reprodutores DVD e CD, monitores, pantallas de plasma, pantallas de proxección, plasma wall, gravación audio e vídeo, micrófonos, gravadoras, tradución simultánea fixa, equipo de tradución móbil, receptores, fotocopiadoras, flip charts, walkie talkies, racks de prensa.



Decoración e montaxes especiais:



Escenografías, tarimas, moqueta, elevador motorizado, adornos florais, ambientación musical, almacenamento de mercadorías.



Outros



Acceso a discapacitados, aparcadoiro, gardarroupa, cafetería, restaurante, servizo de cátering, aluguer de salas, salas VIP, sala de prensa, aluguer de coches, cambio de moeda, tarxetas de crédito.


Enderezo: Avda. s/n 15008 A Coruña A Coruña . Teléfono. 902 110 119. Correo electrónico. info@expocoruña.com.