Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Actualidade da cidade en formato RSS

Continuando co propósito de facer dispoñible a información a cada cidadán polas canles que están á nosa disposición, ofrecemos un novo servizo á cidadanía que se suma a outros que, coma o caso do envío de subscricións ou as notificacións do taboleiro, non requiren que vostede estea conectado ao portal web para estar informado. Dende a porta a internet do Concello da Coruña mostrámoslle a actualidade da cidade clasificada en catro canles temáticas de información, utilizando para iso o formato RSS.

Este tipo de ficheiros, escritos en linguaxe de marcas XML, é lido por moitas aplicacións de dominio público existentes para acceder a este tipo de información. Vostede será notificado das novidades en cada sección en canto estas aparezan publicadas. Terá no seu escritorio os titulares coa actualidade máis recente.

Se desexa máis información sobre este sistema de distribución de noticias pode atopala en http://www.uatsap.com

Estas son as distintas seccións dispoñibles na actualidade para que permaneza informado en todo momento:

En castelán:

En galego:

En inglés:

Tamén pode acceder ás novas ofrecidas polo Servizo de Bombeiros e Proteción Civil do Concello no seguinte enderezo:

Pode encontrar interesantes algúns destes enlaces a recursos de información neste mesmo formato pertencentes a: Yahoo, a BBC, e outros moitos en castelán que poderá encontrar en newsisfree.com ou syndic8.com

Aplicacións:

Existen gran número de aplicacións para consultar este tipo de información, nas seguintes páxinas poderá encontrar distintos lectores de novas para distintos sistemas operativos:

Recomendámoslle algunhas aplicacións que lle resultarán de utilidade, se ten algunha suxestión ou consulta póñase en contacto con nós: