
Estrutura económica
O termo municipal da Coruña é un dos pulmóns da economía galega. Facendo unha análise comparativa entre as sete cidades galegas, compróbase que a cidade herculina é a de meirande recadación do imposto de actividades económicas, polo que resulta ser a de meirande intensidade económica.
A nivel industrial, é o municipio con maior peso relativo de Galicia por ser o de máis recadación do citado imposto.
En canto ao sector comercial, é a segunda cidade máis desenvolvida tanto en comercio por xunto como polo miúdo.
A Coruña destaca no sector turístico por ser unha das cidades máis importantes de Galicia debido á súa oferta en establecementos hoteleiros e pola ocupación anual que presenta.
A análise por provincias móstranos que, con moita diferenza, a provincia coruñesa é punteira en Galicia a nivel industrial, comercial e turístico.
Necesita localizar unha empresa ou entidade da cidade? Probe a localizala no noso directorio telefónico.
Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.