Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña
Vista aérea parcial da cidade na que aparecen a dársena da Mariña e a torre de control de tráfico

Localización

De utilidade

Ao longo da historia, situar A Coruña no mapa nunca foi difícil. Dende as súas orixes, os seus habitantes sentiron a chamada do mar que lles abriu as portas doutros pobos, distintas culturas e, sobre todo, do comercio. Así o demostra a participación da cidade na ruta do metal, os seus pioneiros contactos co sur e co norte de Europa e, moitos séculos máis tarde, as súas privilexiadas relacións comerciais con América, África e Asia. Non se pode negar que situada estratexicamente ao noroeste da Península Ibérica -na súa parte máis setentrional- foi parte activa do devir histórico de España e Europa. Hoxe, dende a súa lonxitude 7º 43' oeste e 43º 22' norte, A Coruña é unha das ancoraxes do Arco Atlántico propugnada pola Unión Europea.

A Coruña eríxese sobre unha península rochosa que está unida ao continente por unha franxa areosa, cuxa altitude media non pasa dos 1000 metros.

Como é ben sabido, a vertente setentrional de Galicia constitúe o solo máis antigo de España, cunha composición xeolóxica dominada polos granitos e as lousas que converten en única a súa paisaxe. As costas da Coruña, que forman parte do Golfo Ártabro (conformado polas rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol), son a súa manifestación máis espectacular. Unha impresionante visión da loita entre a terra e o mar queda enmarcada polas tonalidades verdosas dunha paisaxe propiciada pola humidade da súa climatoloxía.

Existen precipitacións abundantes na zona, aínda que é importante destacar que son máis os días secos cós chuviosos. Ademais, grazas á decisiva influencia da corrente do Golfo de México, o clima coruñés é moi agradable e sen xeadas. Tendo en conta os datos rexistrados polo Instituto Nacional de Meteoroloxía nos últimos trinta anos, compróbase que no verán, a media máxima é de 22º C e a media mínima de 15º C, mentres que no inverno a temperatura media máxima é de 15º C e a media mínima de 10º. Os valores rexistrados evidencian que a diferenza entre as temperaturas extremas é inferior a 7 graos centígrados, convertendo en verdadeiramente benigno e suave o clima da cidade.

De utilidade

Situación

Buscador

Directorio telefónico

Busca no directorio telefónico

Necesita localizar unha empresa ou entidade da cidade? Probe a localizala no noso directorio telefónico.

Busca rueiro

Mapa lupa

Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.