COF

Especiais

Contacto

Horario de atención

  • Luns, martes, mércores e venres de 9 a 14 horas.
  • Xoves de 11.30 a 14 horas.

Poboación que atendemos

Concello da Coruña

  • Todas as persoas que residan neste concello

Concellos de Cambre, Carral, Oleiros e Sada

  • Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde en calquera destes catro concellos

Outros concellos da área sanitaria da Coruña

  • Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde neses concellos serán atendidas no Centro de Planificación Familiar do Centro de Especialidades do Ventorrillo (teléfono 981 142 800).

Motivos de consulta

  • Anticoncepción
  • Anticoncepción de urxencia
  • Interrupción voluntaria do embarazo e revisión posterior
  • Dúbidas e problemas sexuais e de parella
  • Esterilidade. Doazón de óvulos

Centro de planificación familiar

Logo do Centro de Planeamento Familiar da Coruña

O Centro de Planificación Familiar foi creado polo Concello da Coruña no ano 1983, cando a atención á saúde sexual e reprodutiva aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. Os únicos centros que existían nese momento en Galicia eran os dependentes de Sanidade, un en cada provincia. Con esta iniciativa o Concello da Coruña trataba de dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis reclamadas pola comunidade e totalmente desatendida naquel momento.

O centro é de titularidade municipal ata 1986, ano no que Concello e o entón INSALUD, asinan un concerto polo que as dúas administracións se comprometen a mantelo. Este concerto segue vixente hoxe en día co Servizo Galego de Saúde, polo que na actualidade é o único centro no que están comprometidas dúas administracións: a municipal e a autonómica.

Hai que salientar que en 1994 iníciase un programa de atención a adolescentes ao que lle chamamos “Tarde Xove”. Ten como obxectivo facilitar o acceso á información sexual e á anticoncepción ás persoas menores de 20 anos. Participan no desenvolvemento do programa o Concello e o Servizo Galego de Saúde.

Anticoncepción de urxencia

Lugares onde se dá gratuitamente:

  • No teu centro de saúde. (Horario: de 8 a 17 horas).
  • No Centro de Planificación Familiar correspondente. (Horario de 9 a 14 horas).
  • Nos Puntos de Atención Continuada (horario de 17 h a 8 h, festivos todo o día).

Non vaias a Urxencias do Hospital. Non é unha urxencia hospitalaria e non teñen este tratamento.

Menores de 20

Tarde Xove

  • Atención ás persoas menores de 20 anos de todos os concellos da área sanitaria.

Novidades "O MEU TEMPO POLO TEU TEMPO" Charlas informativas sobre o "Banco de tempo da Coruña".

Sex-inform

Fundación Sexpol