TEAM

Especiais

Tribunal económico-administrativo municipal

Estante cheos de libros antigos

O Tribunal Económico-Administrativo Municipal (TEAM) da Coruña é un órgano especializado no coñecemento e na resolución das reclamacións sobre actos tributarios de competencia local, xa sexan ditados polo Concello ou polas entidades de dereito público dependentes ou vinculadas a el.

Coñece e resolve en única instancia as reclamacións contra os actos que teñan por obxecto a xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito publico de competencia municipal.

As súas resolucións poñen fin á vía administrativa, e é necesario interpoñer reclamación económico-administrativa para poder acudir á vía xurisdicional.