OMIC

Especiais

OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR DO CONCELLO DA CORUÑA

A OMIC é un servizo público de atención aos consumidores do Concello, que presta os labores de información, educación, formación, orientación e asesoramento aos consumidores e usuarios veciños da cidade da Coruña.

Os consumidores e usuarios poderán facer uso deste servizo para realizar consultas telefónicas e presenciais en materia de consumo, presentar as Follas de Reclamacións ou solicitar documentación en materia de consumo.