CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Datas Prezo / Dotación Información
Campamentos de verán en Galicia e noutras Comunidades Autónomas. Xunta de Galicia
  • Mocidade residente en Galicia entre 9 e 17 anos. As persoas nacidas no ano 2015 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2006 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar.
  • Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento. A praza adxudicada será intransferible. As persoas admitidas nun campamento non poderán solicitar praza noutros programas da Campaña de verán, agás que previamente se dean de baixa no campamento adxudicado.
  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase. En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. As persoas solicitantes con discapacidade deben optar polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.
  • As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.
Data: Data de inscriciónDende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024

Entre 146,70 e 321,50 euros, según actividade. Descontos: 50% persoas pertencentes a familias que teñan o título de numerosa, familias monoparentais e familias acolledoras. As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 %.

As persoas participantes nas actividades xuvenís disporán dos seguintes servizos:

  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para o desenvolvemento da actividade xuvenil.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con discapacidade que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, o transporte desde Santiago de Compostela, que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída.

SOLICITUDES: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán presentarse de forma individual ou múltiple, para o suposto de irmáns/ás, ou menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar. Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica instalación, quenda e campamento, identificado co mesmo código. Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma solicitude deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións, quendas e campamentos solicitados.  

  • Procedemento xeral: 
    • Solicitude individual: código de procedemento BS303A
    • Solicitude múltiple: código de procedemento BS303F
  • Prazas reservadas para inclusión:
    • Solicitude individual: código de procedemento BS303G
    • Solicitude múltiple: código de procedemento BS303H

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social e Xuventude

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 99 90 25 / 981 54 52 93 / 881 99 93 14 / 981 54 01 22

Xefatura Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Espazo Amizar, Gregorio Hernández, 2-4. 15011 A Coruña

Teléfonos: 881 88 12 38 / 881 88 12 39 / 881 88 12 40 / 881 88 12 41

Publicación: DOG 16/04/2024

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade
  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos.
  • Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver e unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
  • As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
Data: Data de inscriciónDende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024

125 euros. Descontos: 50% para membros de familia que teñan o título de numerosa e familias que teñan o certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, e 25% para as persoas usuarias do Carné xove.

Os campamentos permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro. Contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria.

Idades, datas e instalación: 

  • De 11 a 14 anos: 
    • Do 13 ao 22 de xullo. Carballiño "Aventura na natureza" 
    • Do 22 ao 31 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"
  • De 15 a 18 anos:
    • Do 22 ao 31 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"
    • Do 3 ao 12 de setembro. Panxón "Natureza xunto ao mar"
  • De 19 a 25 anos:
    • Do 2 ao 11 de xullo. Panxón "Natureza xunto ao mar"
    • Do 13 ao 22 de xullo. Carballiño "Aventura na natureza"
    • Do 8 ao 17 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"
    • Do 5 ao 14 de setembro. Gandarío "Natureza xunto ao mar"
  • De 26 a 50 anos:
    • Do 2 ao 11 de xullo. Panxón "Natureza xunto ao mar
    • Do 2 ao 11 de xullo. Carballiño "Aventura na natureza"
    • Do 8 ao 17 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"
    • Do 3 ao 12 de setembro. Panxón "Natureza xunto ao mar"
    • Do 3 ao 12 de setembro. Carballiño "Aventura na natureza"
    • Do 5 ao 14 de setembro. Gandarío "Natureza xunto ao mar

Contacto:

Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade 

Teléfonos: 981 547 399 e 981 544 640

Correo electrónico: programas.discapacidade@xunta.gal

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña

Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña. Teléfono 881 881 528

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR004A