CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Datas Prezo / Dotación Información
Praza de auxiliar de administración xeral do Concello de Coirós
  • Nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados aos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Ter cumpridos 16 anos de idade.
  • Graduado en ESO, Graduado escolar, Formación profesional FP1 ou título equivalente. 
  • Celga 4 (de non poder aportar Celga 4 ou equivalente participará en proba de aptitude de coñecemento do galego).
Data: Data de inscrición Ata o 03/04/2024

Contacto:

Concello de Coirós

Coirós de arriba, 16. 15316 Coirós (A Coruña)

Teléfono: 981 796 414

Publicación: 

BOP 06/03/2024 

BOE 14/03/2024

Persoal do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias de Oleiros
  • Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Título de graduado/a en ESO ou equivalente. 
  • Requisitos específicos para as categorías de supervisor/a do servizo e xefe/a de equipo: Estar inscrito no Rexistro profesional do persoal socorrista, información e primeiros auxilios de Galicia (sección de socorrista en espazos acuáticos naturais ou de persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais) ou ter presentada a solicitude de inscrición e estar pendente de resolución, sempre e cando non transcorrera o prazo máximo prefixado para a súa emisión.
  • Requisitos específicos para a categoría de socorrista acuático/a: Estar inscrito no Rexistro profesional do persoal socorrista, información e primeiros auxilios de Galicia (sección de socorristas en espazos acuáticos naturais) ou ter presentada a solicitude de inscrición e estar pendente de resolución, sempre e cando non transcorrera o prazo máximo prefixado para a súa emisión.
  • Requisitos específicos para a categoría de persoal auxiliar de información e primeiros auxilios: Estar inscrito no Rexistro profesional do persoal socorrista, información e primeiros auxilios de Galicia (sección de persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais) ou ter presentada a solicitude de inscrición e estar pendente de resolución, sempre e cando non transcorrera o prazo máximo prefixado para a súa emisión.
  • Requisitos específicos para a categoría de patrón/a de embarcacións:
    • Estar inscrito no Rexistro profesional do persoal socorrista, información e primeiros auxilios de Galicia (sección de socorrista en espazos acuáticos naturais) ou ter presentada a solicitude de inscrición e estar pendente de resolución, sempre e cando non transcorrera o prazo máximo prefixado para a súa emisión.
    • Estar en posesión do título de Patrón de embarcacións de recreo (PER) ou titulación profesional equivalente que habilite o manexo de embarcacións da oitava listaxe destinadas ao salvamento e o rescate. 
Data: Data de inscrición Ata o 10/04/2024

Categorías e número de postos a cubrir:

  • 1 supervisor/a do servizo e 1 xefe/a de equipo
  • 27 socorristas acuáticos/as
  • 4 patróns/as de embarcacións
  • 6 auxiliares de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais.

Contacto:

Concello de Oleiros

Praza de Galicia , 1. Oleiros (A Coruña)

Teléfono 981 61 00 00

Publicación: BOP 25/03/2024

Arquitecto/a Técnico/a para o concello de Oleiros
  • Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
  • Titulación de grao en arquitectura técnica ou equivalente.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Data: Data de inscriciónDende o 26/03/2024 ata o 10/04/2024

Contacto:

Concello de Oleiros

Praza de Galicia, 1. Oleiros (A Coruña)

Teléfono 981 61 00 00

Publicación: BOP 25/03/2024

51 prazas do Corpo de Observadores de Meteoroloxía do Estado
  • Título de Bacharel ou Técnico ou equivalentes.
Data: Data de inscriciónDende o 20/03/2024 ata o 18/04/2024

Contacto:

Axencia Estatal de Meteoroloxía

Rúa Leonardo Prieto Castro, núm. 8. 28040 Madrid

Correo electrónico: buzon_oposiciones@aemet.es

Publicación: BOE 19/03/2024

26 prazas do Corpo de Diplomados en Meteoroloxía do Estado
  • Título universitario de Grao, Diplomatura Universitaria, Enxeñería Técnica ou Arquitectura Técnica.
Data: Data de inscrición Ata o 12/04/2024

Contacto:

Axencia Estatal de Meteoroloxía

Rúa Leonardo Prieto Castro, n.º 8, 28040 Madrid

Correo electrónico: buzon_oposiciones@aemet.es

Publicación: BOE 13/03/2024

139 prazas do Corpo Técnico de Auditoría e Contabilidade
  • Título de Grao ou Diplomatura universitaria, Enxeñería Técnica ou Arquitectura Técnica.
Data: Data de inscrición Ata o 12/04/2024

Contacto:

Ministerio de Facenda. Instituto de Estudos Fiscais

Avenida do Cardeal Herrera Oria, número 387. 28035 Madrid

Teléfono 91 339 88 00

Correo oposiciones.funcionarios@hacienda.gob.es

Publicación: BOE 13/03/2024

127 postos de auxiliares de policía local en concellos de Galicia
  • Cumprir os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Ter a nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea, así como tamén as persoas estranxeiras con residencia legal en España.
  • Ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente, correspondente ao grupo C, subgrupo C2. 
  • Non ser despedido/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á que pertencía.
  • Carecer de antecedentes penais por delito doloso.
Data: Data de inscriciónDende o 19/03/2024 ata o 03/04/2024

Importe das taxas: 26.99 € (ver causas de exención ou bonificación na convocatoria).

Relación de prazas convocadas por concellos:

  • A Cañiza 1
  • A Estrada 3
  • A Guarda 4
  • A Illa de Arousa 3
  • A Laracha 3
  • A Pobra do Caramiñal 4
  • Arteixo 4
  • Baiona 8
  • Barbadás 3
  • Bergondo 2
  • Boiro 5
  • Camariñas 2
  • Cambados 4
  • Cangas 6
  • Carballo 2
  • Cedeira 2
  • Gondomar 2
  • Malpica de Bergantiños 2
  • Marín 2
  • Meaño 1
  • Melide 3
  • Miño 2
  • Moaña 2
  • Mondoñedo 2
  • Noia 2
  • O Barco de Valdeorras 2
  • O Grove 4
  • O Rosal 1
  • Poio 6
  • Ponteceso 2
  • Sanxenxo 30
  • Vilagarcía de Arousa 8

Contacto:

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avenida da Cultura, s/n. 36680 A Estrada (Pontevedra)

Teléfonos: 886 206 109/ 886 206 116/ 886 206 135/ 886 206 127

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

Publicación: DOG 18/03/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR461A

3 prazas da categoría de Técnico/a Superior do Consello Económico e Social
  • Ter a nacionalidade española, ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea, persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e outras persoas estranxeiras con residencia legal en España.
  • Título de Doutor/a, Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a ou Grao.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Data: Data de inscriciónDende o 04/03/2024 ata o 02/04/2024

Contacto:

Consello Económico e Social

Cale Hortas, 73, 28014 Madrid

Teléfono de información 060

Publicación: BOE 02/03/2024

36 prazas do Corpo Especial Facultativo de Mariña Civil
  • Título de Grao en Náutica e Transporte Marítimo, Grao en Enxeñería Mariña, Grao en Tecnoloxías Mariñas, Grao en Enxeñería Radioelectrónica Naval ou licenciaturas equivalentes; Capitán da Mariña Mercante, Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ou Oficial Radioelectrónico de Primeira Clase da Mariña Mercante.
Data: Data de inscriciónDende o 04/03/2024 ata o 02/04/2024

Contacto:

Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable

Paseo da Castelá, 67, 28071 Madrid.

Teléfono de información 060

Publicación: BOE 02/03/2024

22 prazas do Corpo de Enxeñeiros Navais
  • Título de Enxeñeiro Naval ou aquel que habilite para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Naval e Oceánico.
Data: Data de inscriciónDende o 04/03/2024 ata o 02/04/2024

Contacto:

Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable

Paseo da Castelá, 67, 28071 Madrid.

Teléfono de información 060

Publicación: BOE 02/03/2024

Auxiliar administrativo/a do Concello de Noia
  • Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
  • Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea ou persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras e traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.
  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. 
  • Certificado de lingua galega CELGA 2 ou superior ou equivalente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente haberá que superar unha proba de coñecemento do idioma galego.
Data: Data de inscrición Ata o 03/04/2024

Contacto:

Concello de Noia

Casa do Concello. Rúa Rosalía de Castro, nº 2. Noia (A Coruña)

Tel. 981 84 21 00

Publicación: 

BOP 16/01/2024

BOE 05/03/2024

68 prazas de Axentes Ambientais
  • Título de Bacharel ou Técnico, ou equivalentes.
  • Estar en posesión do permiso de condución da clase B.
Data: Data de inscrición Ata o 03/04/2024

Contacto:

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Praza San Juan da Cruz 10, 28071 Madrid

Teléfono de información 060

Publicación: BOE 04/03/2024

Apertura de listas para contratacións temporais e nomeamentos de persoal funcionario interino da Xunta de Galicia
  • Cumprir cos requisitos para cada grupo, corpo/escala e categoría.
Data: Data de inscriciónDende o 01/03/2024 ata o 30/04/2024

Listas abertas:

Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario):

  • A1 Escala de veterinarios/as
  • A1 Escala de facultativos/as. Especialidade de medicina
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
  • A1 Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios
  • A2 Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica de minas
  • A2 Escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo
  • A2 Escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción
  • A2 Escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque
  • A2 Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de enfermaría
  • A2 Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de fisioterapia
  • A2 Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de educadores
  • A2 Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de traballo social
  • C1 Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
  • C1 Escala de axentes facultativos/as ambientais
  • C1 Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón/oa
  • C1 Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico/a
  • C2 Escala de auxiliares de clínica
  • Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal funcionario subalterno
  • Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade persoal de limpeza e cociña

Grupos e categorías (persoal laboral)

  • III 006 Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios
  • III 014 Xefe/a de cociña
  • III 017 Analista de laboratorio
  • III 023 Celador/a de estradas. Capataz de brigada
  • III 065 Oficial/a 1ª cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª
  • III 066 Axudante/a taller. Adxunto/a taller
  • III 069 Oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª mantemento. Oficial/a 1ª oficios varios. Oficial/a de primeira
  • III 090 Animador/a sociocultural
  • III 104 Intérprete de linguaxe de signos
  • IV 004 Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado
  • IV 005 Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial/a 2ª 
  • IV 006 Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento
  • IV 009 Oficial/a 2ª agrario/a
  • IV 011 Auxiliar de laboratorio ANE

Contacto:

Dirección Xeral da Función Pública

Teléfono: 012 (981 900 643)

Correo-e: 012@xunta.gal

Publicación: DOG 29/02/2024 

Proceso de selección para o ingreso nos centros docentes militares de formación para incorporarse ás escalas de tropa e mariñeiría
  • Nacionalidade española ou dalgún dos países que figuran recollidos na convocatoria.
  • Cumprir os 18 anos de idade e non cumprir os 29.
  • Carecer de antecedentes penais, e non ter aberto en calidade de procesado, imputado, investigado ou procesado ningún procedemento xudicial por delito doloso.
  • Non estar privado dos dereitos civís.
  • Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais, ou dos órganos estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.
  • Posuír a aptitude psicofísica necesaria.
  • Carecer de insercións ou tatuaxes que poidan ser contrarios aos valores constitucionais ou atentar contra a imaxe das Forzas Armadas.
  • Estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou os seus equivalentes.
  • Condicións xerais para solicitantes estranxeiros:
    • Ter en vigor a Tarxeta de residencia temporal ou de longa duración en España, ou a Tarxeta de familiar de residente comunitario, como mínimo, ata a data prevista para a súa incorporación ao centro de formación correspondente.
    • Ostentar a maioría de idade con arranxo ao disposto na súa lei nacional.
    • Non figurar como rexeitables no espazo territorial de países cos que España asinase un convenio en tal sentido.
    • Non perder a nacionalidade de orixe ao entrar ao servizo das Forzas Armadas españolas nin ter prohibición de alistamiento militar nas mesmas.
    • Carecer de antecedentes penais en España ou nos seus países anteriores de residencia por delitos existentes no ordenamento xurídico español.
  • A participación nalgún dos ciclos do proceso de selección, iniciarase coa aceptación da solicitude de cita previa para a realización das probas. A cita previa realizarase a través da páxina web do Ministerio de Defensa.
Data:

Proceso de selección, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso de persoas nacionais e estranxeiras nos centros docentes militares de formación para a adquisición da condición de militar de tropa e mariñeiría do Exército de Terra, da Armada e do Exército do Aire e do Espazo. O proceso de selección levarase a cabo ao longo do ano 2024 mediante o establecemento de dous ciclos de selección.

Prazos de solicitude de cita previa:

Ciclo de selección Inicio do prazo Fin do prazo
Primeiro 1 de febreiro de 2024 20 de febreiro de 2024
Segundo 7 de xuño de 2024 27 de xuño de 2024

Contacto:

Área de Recrutamento con Centro de Selección

Avenida do Porto da Coruña, 15 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 12 68 13 - 981 12 68 14

correo-e: reclutamientocoruna@oc.mde.es

Servizo telefónico de información e apoio ao recrutamento: 902 43 21 00 - 913 08 97 98.

Publicación: BOE 31/01/2024

8 prazas da escala administrativa da USC
  • Nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro nos termos previstos no artigo 52 da Lei de emprego público de Galicia.
  • Ter feitos os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do título de bacharelato ou técnico, ou titulación equivalente. 
Data:

Contacto:

Universidade de Santiago de Compostela. Xestión de Persoal

Casa da Balconada. Rúa Nova, nº 6, 15782 Santiago de Compostela

Tel. 881 813 401

Publicación: DOG 11/01/2024