43 resultados
Dende o 22/04/2024 ata o 15/05/2024
Ata o 22/04/2024
ás 11:00h.
Aula UNED Ferrol organiza este curso onde se explicará todos os trucos e consellos que resultan determinantes para poder alcanzar a praza na función pública. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
23/04/2024
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acollerá un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDC en colaboración co centro de investigación.
21/04/2024
inscrición até esgotar as prazas.
O Grupo Naturalista Hábitat organiza unha nova actividade de achegamento á natureza na contorna da Torre de Hércules, da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.
Dende o 06/05/2024 ata o 16/06/2024
A UNED Coruña organiza un curso de nocións básicas do funcionamento do software para presentacións, especialmente Microsoft PowerPoint. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Dende o 04/05/2024 ata o 26/05/2024
A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.
Dende o 20/05/2024 ata o 15/07/2024
Ata o 05/05/2024
Xa está aberto o prazo de inscrición dos cursos de verán no Centro de Linguas da UDC, campus da Coruña e formación en liña. Teñen programados módulos de francés, inglés e italiano.
25/04/2024
Queres aprender ferramentas para evitar situacións de dependencias e coas que diluír enfoques equivocados que poidan afectar ao teu benestar mental? Non perdas este obradoiro do Espazo Diverso.
Dende o 22/04/2024 ata o 27/04/2024
Baixo o lema "Letras que unen, oficios que inspiran e lecturas que transforman.", as Bibliotecas Municipais organizan un completo programa para celebrar o Día do Libro, polo que dende o luns 22 ata o sábado 27 de abril a cidade converterase nunha colmea de actividades literarias dirixidas a público de todas as idades.
Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril de 2024, elaborada arredor da colección do museo e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Dende o 15/04/2024 ata o 29/04/2024, os luns
Neste taller, organizado por Espazo Diverso, con Sonia Martínez (psicóloga e sexóloga), enfocarase en comprender os estilos de apego e como inflúen na nosa experiencia en parella. abordaranse algúns conflitos frecuentes e proporcionará ferramentas para resolver dificultades e enriquecer a relación.
resultados 43
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible