35 resultados
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.
Ata o 31/05/2024
ata as 14:00 h.
A Fundación ”a Caixa” convoca 50 bolsas para cursar estudos de grao ou ensinos artísticas superiores en universidades públicas ou centros públicos de ensino superior no territorio español destinadas a estudantes excelentes con escasos recursos económicos que inicien estudos universitarios por primeira vez no curso 2024-2025.
Ata o 24/04/2024
A Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia convoca até 24 prazas para a realización de residencias creativas de carácter literario a desenvolver na Residencia de creación literaria Illa de San Simón, nos meses de maio, outubro e novembro.
Ata o 10/05/2024
O Ministerio de Igualdade convoca seis bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller para o período 2024-2025.
Ata o 08/05/2024
O Concello da Coruña convoca bolsas de comedor para o curso escolar 2024/2025 destinadas ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
Ata o 03/05/2024
A Fundación Botín convoca 6 Bolsas de Arte destinadas a formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística.
Ata o 28/04/2024
A Fundación Botín convoca unha bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral (curatorial studies).
Ata o 25/04/2024
Convócanse 20 bolsas de tres meses de duración cada unha para estudantes de grao e máster oficial da Universidade da Coruña no marco do Programa Campus Rural de Prácticas universitarias na contorna rural.
Dende o 17/04/2024 ata o 25/04/2024
A Consellería de Política Social e Xuventude oferta servizos e recursos co obxecto de facilitarlle á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer educativo e tempo libre.
Ata o 25/04/2024
A Consellería de Política Social e Xuventude convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño, adscritas á Consellería de Política Social e Xuventude, no ano 2024.
resultados 35
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible